Home taping is killing music

Tanta carallada co da pirateria e a morte da música. Que a xente copia CDs e baixa os temas da rede? e que? iso vai matar a música? Que non nos traten de parvos. A industria discográfica fai o mesmo siloxismo de sempre: cen persoas que copian o disco, cen copias menos que vendemos. Vaia marulos, confundindo o dano emerxente co lucro cesante. Unha cousa é o que deixas de vender realmente e outra o que poderías ter vendido. Unha persoa que gasta uns céntimos nun CD para copiar un orixinal non é un comprador potencial do orixinal que vale vinte euros. Que se esquezan diso. O máis curioso do tema é que xusto os "artistas" que mais protestan son os que nun tempo vendían e agora xa non venden: Presuntos Implicados, Ana Belén, María Jiménez, Ramoncín, Miguel Ríos, Teo Caralda, Luis Cobos... Vaia tropa. Culpan ao CD e ao top manta do seu declive como "artistas" pero os novos "artistas" coma Alejandro Sanz, La Oreja de Van Gogh, Estopa, Bisbal, Andy y Lucas, Amaral ou Alex Ubago superan o millón de copias vendidas con facilidade. A eles en nada lles afecta a piratería, nen a do top manta nen a do P2P. Que curioso.
O forte é que isto xa ven de atrás. Que non nos vendan a moto de que a suposta crise comezou con Internet e as copiadoras de CDs. E que antes non gravabamos compulsivamente a casete todo o que pasaba polas nosas mans? Un mercaba o orixinal e logo o pasaba entre os amigos para que o gravasen. Sempre foi así. E a música non morreu. Por que o ía facer agora? A proba está no disco da foto, o The Man who sold the world de David Bowie. Este disco é de 1970 e como se ve na ampliación que fixen, xa daquela a industria lle tentaba vender aos nosos pais a idea da morte da música como consecuencia da copia privada: Home Taping is Killing Music. Todo un insulto á nosa intelixencia que trinta e cinco anos despois sigan coa mesma cantiga. Sobre todo cando o tempo ten demostrado que nada pode matar a música. E moito menos esa suposta "nova" ameaza que é a copia privada, sexa no formato que sexa, casete, CD ou mp3.

A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a 





Postar um comentário