Setembro 23, 2005

Vaia tropa

Agora que a dereita volta á carga contra a lei que garante a igualdade de dereitos para todos os cidadáns é un bon momento para recuperar unhas fermosas fotiños da manifestación do Foro da Familia de xuño. Esta primeira non precisa comentarios e amosa a intrínseca maldade destes autoproclamados cristiáns.



Esta segunda é a miña favorita. A familia unida loitando contra a sodomía. Liderada por un cabeza de familia como
dios manda, un auténtico hombre de bien, un español de pro. Non hai máis que botar un ollo ao seu estilazo no vestir: polo rosa, dockers, náuticos, gomina... E fixarvos no símbolo de prohibido. Non quero nen imaxinar a explicación que lle soltaría ao seu filliño cando este lle perguntase que a onde ían e que significaba o símbolo de prohibido.



Pero non só do solarium vive a dereita. Tamén se podía albiscar outro estilo, máis rudo, o do típico facha currante. Ese que, apoiado na barra do bar ante o carajillo matutino de rigor, non pode conter o clásico "A estos había que matarlos a todos" cando sae Ibarretxe ou Carod-Rovira na TV do bar. E que feliz sae na foto coa súa prole, froito da ausencia de planificación familiar recomendada polo Vaticano.


8 Comentários:

Anônimo disse...

Moi ben traídas as fotos, non sei con cal delas quedarme. Pilleiche unha para o meu blo e enlaceite: resúltame moi interesante o que fas.
Saúdos.
Xosé.
http://blogs.ya.com/dalledalle

darth maul disse...

Jua jua jua!!!Antes de que se me cargaran as fotos pensaba en meter un post animándote a que non seguises rumiando o destes personaxes.Pero agora...¡é que parecen caricaturas de El Jueves!

Pico Xeado disse...

Que medo dan!

Colazo disse...

a verdade é que si, semellan caricaturas de "El Jueves". Regueifeiro, onde está o album completo?

FEDERICO disse...

O que dan é noxo.

regueifeiro disse...

colazo, a verdade é que non o gardei. era un album de flickr e simpelmente gardei as fotos que molaban. hoxe poño as que quedan.

tiki-tiki.tk disse...

Muito "gostam" esses "caralhos" de escrever entre "aspas". Nom gosto de que me "expliquem" os "chistes". E menos quando a sua simpleza fai com que nom seja preciso.

Anônimo disse...

Eu tamén collín unha foto para o meu blog, pro apareceume un emilio con non sei qué do copyright, sinto telas collido sen o teu permiso, pero é que molaban moito, jaja

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados