Insuperábel

Cando xa pensaba que ninguén superaría aos vendedores da gorra de Supermartes e do hórreo de Ribadeo vai e aparece en escea este betanceiro indómito vendendo un cinceiro que a súa defunta curmá segunda lle mangou a Fraga do seu chalé de Perbes. Puro esperpento:
"Cenicero que fue usado por Manuel Fraga Iribarne, cuando era presidente de la Xunta, que estaba en su chalet de verano situado en Perbes (Pontedeume). Conseguido a través de una de las empleadas del servicio que se lo llevo de recuerdo y ahora ha fallecido. Era mi prima segunda se puede verificar, lleva las iniciales del presindente"

A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a 





Insuperável é a regueifa :). Genial, coma sempre.
:D :D :D
Pódese saber como localizou isto? Ou é que tes a Fraga entre os teus bavoritos á procura de alfaias coma esta? ;-)
Caralludo meu. E o mellor é que non hai poxa de fan ningún.
ben valía a pena poñer entre todos os cincuenta euros, só por ir a betanzos onda o paisano e quedar con el... podelo ver, conversar con el, sacarlle fotos e demais experimentos científico-sociolóxicos...
juasjuasjuas!!
Tremendo!!
Este andar con trapalladas (é dicir, reliquias de segundo orde) só pode significar que comeza a turbosantificación fraguiana...
De todas formas, o bo só chegará cando morra e aparezan en ebay dedos incorruptos (como o de santa teresa), ou cerebros en formol (como o de einstein), é dicir, ás trapalladas de primeiro orde.
(claro que estou pensando que vender as trapalladas é simonía, non é?)
opaco, atopeino percurando discos de vendedores galegos. pero o de poñer ao rapazolo en busquedas favoritas non é mala idea, seguro que aparecen caralladas regularmente.
o que está claro é que o homiño este nunca escoitou falar dun delicto chamado receptación: http://www.iabogado.com/esp/guialegal/guialegal.cfm?IDCAPITULO=12060000#12061700000000
Spain is different, Galicia is special XDDDDD
Postar um comentário