Julho 14, 2005
A cheap holiday in other peoples misery


Xa o dicían os Sex Pistols no 77. Pois iso, que
A Regueifa lisca de vacacións até setembro. Deixo a esta amiga monxa tan lasciva facendo garda por se hai que postear algo con urxencia. Saúde!
posted by Regueifeiro @ 12:37 PM  
Julho 11, 2005
Ortigueira
posted by Regueifeiro @ 6:21 PM  
Julho 08, 2005
Que duro é ser DJ no verán!
posted by Regueifeiro @ 6:09 PM  
Para rir até morrer
O outro día os amigos da COPE entrevistaron a unha fulana do "Foso" de la Familia. Póñovos a transcripción da entrevista coa tal Margarita. O altísimo nivel intelectual do nacional-catolicismo en toda a súa expresión. Se non o credes podedes escoitar o audio aqui.

30 de junio de 2005. Puerta del Sol. 14:40h. Concentración del Foro de la Familia bajo el lema «A favor de la familia». Una unidad móvil de los informativos de la emisora COPE entrevista en directo a algunas de las personas que están en la concentración:

Periodista: Una madre de familia se ha acercado aquí con parte de su prole. Aquí tenemos a sus dos niñas al lado. Margarita, buenas tardes.

Margarita: Buenas tardes.

P: ¿Encantada de estar aquí hoy apoyando esta movilización?

M: Igualmente. Mira sí, estoy encantada porque soy madre y esposa y tengo ocho hijos y pienso que esta ley me agrede a mí especialmente como madre. Porque si una mujer no se siente protegida por las leyes civiles y por su marido, difícilmente querrá tener hijos. Y luego quiero decir otra cosa. Estudié neurociencia cuando hacía psicología. Y entonces allí nos hablaban de que cuando los animales tienen lesionado una glándula que se llama… las amígdalas, empiezan a presentar comportamientos tales como los que hacen los homosexuales: copular por el ano. En donde el ano, al recibir esos… esos espermas, no puede nunca… engendrar, porque se encuentra con caca. Entonces… yo no creo que eso sea interesante para la sociedad en ningún aspecto.

P: Bien… Gracias…

M: Y luego, las mujeres, al masturbarse…

P: Margarita… ¡Gracias!… [Le corta] Eh… La verdad es que ha sido una opinión… de una manifestante. ¡Hay muchos! Hay muchos aquí que están aquí apoyando… Niños con caretas blancas, la boca cruzada con unos esparadrapos… Con el lema «Zapatero no nos escucha, Zapatero no nos deja hablar». Devolvemos de momento la conexión.

Estudio: Gracias. Ese es el ambiente que a esta hora de la tarde se está viviendo en la Puerta del Sol en Madrid.
posted by Regueifeiro @ 10:45 AM  
Julho 07, 2005
Nas Azores todo era unha festa


E vistas as consecuencias, non se sentirán culpábeis?
posted by Regueifeiro @ 6:58 PM  
Fan ben


Mellor non lles dicer nada aos nenos. Non vaia a ser que os trabuquen. Debe ser dificil de explicarlle a un cativo que uns fulanos lles puxeron unhas bombas porque eles previamente invadiran o seu país. A lóxica simple e directa dun neno podería levalo a pensar que os malos da película son os seus xa que atacaron primeiro. E iso non sería correcto, non si?
posted by Regueifeiro @ 6:18 PM  
Hipócritas
O da censura de imaxes xa é o máximo. Deixannos ver todos os días fotos de iraquianos mortos e mutilados e non podemos ver as dos ingleses? é que a dignidade dun saxón é maior ca dun árabe e merece máis protección? é que hai mortos de primeira e de segunda?
posted by Regueifeiro @ 6:10 PM  
Reciclaxe


Os de Fractal Spin andan sacando complementos feitos con componentes informáticos e electrónicos usados. O da foto é un cinto feito cun cabo IDE pero tamén teñen outras geekadas coma colgantes dos que penduran procesadores, pulseiras feitas con cabos
MIDI, colares feitos con diodos e brincos que locen un chip a modo de xoia. Rematou a dictadura das pedras e metais preciosos. Chegou a era do plástico, o cobre e o silicio.
posted by Regueifeiro @ 10:26 AM  
Julho 06, 2005
Blogueiro ilustre
Este ano o Día das Letras Galegas vai estar adicado a Manuel Lugrís Freire, pai de Urbano e tío-visavó de Igor, poeta e autor do blog Ovnis e Isoglossas.
posted by Regueifeiro @ 12:19 PM  
Estereotipos
A menos que habitualmente leves tutú, katiuskas e unha galiña na cabeza, por moi único, especial e inimitábel que te creas ... non o es. Cando menos por fora. Apostamos?
posted by Regueifeiro @ 11:59 AM  


Menos mal que imos ter selección propia e os nosos rapaces non van ter que compartir vestiario con animaliños coma o da foto. E iso que tonto non é. Foto tomada, por certo, nos Xogos Mediterráneos que se acaban de celebrar.
posted by Regueifeiro @ 11:22 AM  
Ando tentado con poñer a El Correo Gallego e La Voz de Galicia nos links da Regueifa, a carón de Vieiros e A Nosa Terra. Dende que na noite do 19-X se tornaron xornais de esquerdas xa non desentonan nunha lista na que estexan tamén Rebelión ou Indymedia.
posted by Regueifeiro @ 11:11 AM  
Contanme que onte actuaron Loretta Martin no Supermartes. Incríbel. É que o cambio xa se nota incluso antes do traspaso de poderes?
posted by Regueifeiro @ 11:06 AM  
Que un búlgaro ou un xaponés estuden a túa lingua debería de ser un orgullo en condicións normais. O que pasa é que se logo vés que as xeneracións educadas no franquismo son practicamente analfabetas no galego escrito -cuestións normativas aparte- resulta deprimente que uns rapaces do outro lado do globo teñan máis interese na aprendizaxe da língua escrita que os galegos maiores de trinta e pico anos que, polo xeral, apresentan grandes dificuldades para escreber e ler en galego. E non vexo eu a un señor de cincuenta anos indo a aulas de galego ao sair de traballar.
posted by Regueifeiro @ 10:29 AM  
Julho 01, 2005
DIBA


No Digital Barcelona Fim Festival que ten lugar estes días na cidade condal vaise facer unha merecida retrospectiva-homenaxe ao cinema Dogma. Moitos foron os puristas que negaron e aínda negan a importancia que tivo o movimento no desenvolvimento formal da arte cinematográfica pero visto con algo de perspectiva a súa voz ten tanto valor coma a dos reaccionarios que se negaban a pasar do mudo ao sonoro hai 80 anos. Hoxe en día calquera se pode poñer a facer cinema cunha simples cámara dixital e boas ideas, e iso debémosllo ao Dogma, independentemente da calidade dalgunhas das películas con tal certificado. Grazas á liberdade formal que trouxeron aqueles tolos daneses hoxe en día tense democratizado
enormemente a creación cinematográfica, tornando a noutrora elitista artesanía da imaxe en movimento nunha arte popular.
E non sería de estrañar que dentro dunha ou dúas décadas os carísimos 16 e 35 mm fiquen por completo desprazados polo formato binario, de feito algúns directores consagrados xa se teñen pasado ao dixital, coma é o caso de
Winterbottom en 24 Hour Party People, Danny Boyle en 28 Days Later (con ese estremecedor comezo polas rúas desertas de Londres cos crescendos de Godspeed you black emperor! coma inmellorábel B.S.O.) ou Win Wenders na súa última fita.

O que non entendo é como na retrospectiva-homenaxe non poñen algunha do amigo Pinzás.
posted by Regueifeiro @ 12:06 PM  
Ojopinta!



Nunca escoitara falar deles. A verdade é que teñen cousas moi boas.
posted by Regueifeiro @ 11:29 AM  
 

Subscrever com Bloglines Subscrever com Bloglines

Recentes
Arquivos
De Viaxe

Firefox en galego!

Feed XML

Feed RSS

Web Counter
Visitas dende o 21/01/2005