|
| Outubro 31, 2005 |
| E Leo que dirá? |
 |
posted by Regueifeiro @ 11:43 AM  |
|
|
|
|
| O trono é meu! |

Xa diz o refrán castelán. Entre primos e irmáns non metas as mans. Pero vistos os precedentes, non quero nen imaxinar como vai reaccionar o Froilán de Todos los Santos cando se enteire de que van modificar a constitución para que a herdeira sexa a súa nova curmá no canto del. Van chover hostias. As guerras carlistas van ser unha anécdota comparado coas virulentas celebracións familiares que se aviciñan. |
posted by Regueifeiro @ 10:03 AM  |
|
|
|
|
| Facto Delafé y Las Flores Azules |

Se todas as suás cancións son coma a fermosísima Mar el poder del mar caerei rendido aos seus pés e me obrigarei a min mesmo a reescoitar toda a discografía de Tricky. O día 8 sairemos de dúbidas coa saída do seu primeiro LP, FACTO DELAFE Y LAS FLORES AZULES vs EL MONSTRUO DE LAS RAMBLAS. Namentres, toca practicar un pouco de catalán na intimidade:
Facto Delafé i las Flores Azules és un grup de Barcelona integrat per Marc Barrachina "facto" (ex-Songstore), Oscar D'Aniello "delafe", membre també de la banda Mishima i Helena Miquel, vocalista de élena. Les cançons de Facto Delafé i Las Flores Azules estan entre el hip-hop i el pop, ja que combinen la oratòria del hip-hop amb melodies i estructures més pròpies del rock, el pop, el soul o la electrònica. Això els allunya del típic 4x4 que caracteritza al rap. Les lletres, més pròximes a la poesia que a la agressivitat del hardcore, son positives i crítiques al mateix temps i exploren sensacions poc habituals en el panorama nacional. Les referències de Facto Delafé i Las Flores Azules van des de la música surf fins el pop-rock independent passant pel soul. Grups com Flaming Lips, Beach Boys, The Roots, Dr.Octagon, Yo La Tengo, Serrat o Marvin Gaye han influït clarament en la creació dels seus temes. Cal destacar que en les seva gravació hi col·laboren Ego Trip (banda barcelonesa), Raül Moya (guitarrista de élena y Refree), Christian Aloy (Songstore) i Dani Acedo (Baixista de Mishima). |
posted by Regueifeiro @ 1:13 AM  |
|
|
|
|
| Paradoxa |

Non é irónico que a globalización nos devolva aos galegos unha tradición case esquecida? O que un Imperio nos quitou, outro nolo devolve... |
posted by Regueifeiro @ 12:12 AM  |
|
|
|
| Outubro 28, 2005 |
| Facendo memoria (II): doo wop con raigame |

A verdade é que dentro do xénero doo wop nunca pasei dos Platters pero sempre gostei dos grupos que se se viron influenciados por ese estilo vocal, coma os Beach Boys, os Housemartins ou os actuais The Futureheads. Por iso me sorprendeu moito cando descubrín a Frol Nova, un grupo vocal galego que facía versións doo wop de temas populares alá polos primeiros setenta. Respondían aos nomes de Charra, Víctor, Cuxa, Gregorio e Pimpo, sendo estes dous últimos de Puerto Rico e Bolivia, respectivamente. Que eu saiba só chegaron a editar un EP con catro temas en 1971, gravado mentres estudaban na universidade compostelana. Podedes escoitar un tema deles aqui.Marcadores: Facendo Memoria |
posted by Regueifeiro @ 10:07 PM  |
|
|
|
| Outubro 27, 2005 |
| Cinema revolucionario |

Agora que o inmenso ancho de banda o permite son de agradecer iniciativas coma a do Centre Ernesto Che Guevara. Na súa web podes ver online dende documentais como La batalla de Chile de Patricio Guzmán ou o Comandante de Oliver Stone até filmes clásicos coma La noche de los lápices de Héctor Olivera ou, axiña, Soy Cuba de Mikhail Kalatozov; alén de infindade de documentos visuais diversos sobre a revolución cubana, a CIA ou o Frente Sandinista. E non vos perder a boísima animación Una historia breve de los EE.UU. |
posted by Regueifeiro @ 12:32 PM  |
|
|
|
| Outubro 26, 2005 |
| Sabedoría popular |

Non está tan currada como as dos Aduaneiros pero graza non lle falla. Graciñas a Don Pezón pola instantánea. |
posted by Regueifeiro @ 6:16 PM  |
|
|
|
|
| Bright Eyes |

Ía recomendar este disco pero se me adiantaron en Ruído de Musas cunha boísima crítica, así que optarei por un dos novos de Bright Eyes. Digo "novos" porque a este talentoso efebo, ao que se lle leva comparando con Bob Dylan dende que comezou a editar discos aos 13 anos, xa lle sobran cancións e acaba de sacar dous discos simultáneamente, Digital Ash in a digital urn, en plan pop-rock electrónico, e I'm wide awake, it's morning, en plan pop-folk intimista. Este segundo é do que máis gosto, contendo algunhas das músicas e letras máis fermosas que escoitei ultimamente. This is the first day of my life é unha delas. |
posted by Regueifeiro @ 2:57 PM  |
|
|
|
| Outubro 25, 2005 |
| Musicpole |

Este aparello que acaba de sair, chamado Musicpole, promete de carallo. Non sei se rematará sendo a guitarra eléctrica do século XXI. Tal como está pensado, ao poderse axustar a tonalidade rotando o cilindro, supón a democratización absoluta da música xa que é posibelmente o instrumento multitímbrico máis doado de tocar nunca inventado. |
posted by Regueifeiro @ 6:30 PM  |
|
|
|
|
| Should I stay or should I go? |

A ver se se deciden. Non sei que será preferíbel. Se Cuiña e Baltar marchan do PP e montan outro partido pseudogaleguista é ben doado que arrinquen votos galeguistas e filonacionalistas e rematen sendo chave de goberno, tanto co PP coma co PSOE. Mal asunto. Claro que iso eliminaría de por vida calquera posibilidade de que o PP voltase á Xunta, polo menos con maioría absoluta. Levaría a unha catalanización do parlamento galego, cun PP marxinal, case extraparlamentar, e tres partidos loitando, con diferentes graus de coherencia, evidentemente, pola herdanza de Castelao. Non sería un mal panorama político. |
posted by Regueifeiro @ 6:11 PM  |
|
|
|
| Outubro 21, 2005 |
| Facendo memoria (I): Wah-wah, fuzz e cogumelos |

A partires de hoxe e todos os venres A Regueifa vai imitar ao bon de Juan de Pablos e vai facer un pouco de arqueoloxía no pop e rock cantado en galego. E xa que estamos no de facer memoria é unha boa ocasión para lembrar que aínda anda pola mula o interesantísimo Recompilatorio de pop en galego 1970-1973.
Comezamos logo con XETXU, alcume dun rapaciño chamado José Hermida que se atreveu a facer rock psicodélico cantado en galego hai máis de trinta anos. Todo un pioneiro. Só editou dous singles, un no 73 -cos temas Xohana e Xohana (2ª parte)- e outro no 74 -con Bícame mañán baixo a chuvia e María tiña un meniño- pero aínda a día de hoxe ten certa sona na escea psicodélica, como demonstra a inclusión do seu tema Xohana (2º parte) en recompilatorios recentes coma o Andergraun Vibrations. Podédelo escoitar aqui.
Tres cousiñas: se alguén o coñece ou sabe del que mo diga que os do selo Hundergrum queren contactar con ele; se alguén ten tan bon ouvido como para descifrar a letra enteira que a poña nos comments, se é tan amábel, que teño moita curiosidade, sobre todo a aparte esa do lóstrego no que desbarra a varias voces; son o único ao que se lle parece ao Fran Perea? Son cuspidiños...Marcadores: Facendo Memoria |
posted by Regueifeiro @ 10:10 AM  |
|
|
|
| Outubro 19, 2005 |
| Migala, Celine Dion e Rosa de España |

Vaise publicar axiña un heteroxéneo disco chamado De Benidorm a Benicàssim que vai ter o dubidoso mérito de xuntar no mesmo playlist ao mellor do indie estatal e ao peor do mainstream casposo. Polo de agora só trascendeu que vai a haber un tema da Rosa de España (sic) e outro de Migala, versioneando o tema central da banda sonora de Titanic, ese My heart will go on de Celine Dion. Purismos aparte, a verdade é que a versión que fan Migala é boísima, levándoa ao seu terreo por completo. Tampouco é nada raro xa que outras versións que teñen feito no pasado, coma o Plainsong de The Cure ou Anarchy in the UK -Sweet Anarchy- dos Sex Pistols, tamén o teñen sido. A verdade é que as mellores versións acaban sendo as que as orixinais non teñen nada que ver co estilo do grupo, ficando case irrecoñecíbeis. Entre as miñas favoritas, a que fixeron Travis do Baby one more time de Britney Spears, a que fixo Adriana Calcanhotto do Music de Madonna e, por riba de todas, a versión post-rock que fixeron Bedhead do Believe de Cher.
Cuais son as vosas favoritas? E non, non vale dicer a versión de O Tren de Andrés Do Barro que fai Sergio Dalma no seu último disco. |
posted by Regueifeiro @ 10:10 AM  |
|
|
|
| Outubro 18, 2005 |
| O frío vento mesetario... |
...debe de afectar ás conexións neuronais. Unha mágoa, a verdade é que o home fai unhas cortinas estilo imperio moi curriñas. Un auténtico artista do enxoval. O paradóxico é que o seu apelido materno -Vendrell- é catalán. Non sei se haberá algun componente freudiano na súa xenreira anticatalana. Máis detalles sobre o xa famoso asunto do pobre tapicero de Valladolid que non quer falar catalán aquí.
"Por la presente, me dirijo a ustedes para informales de que a partir de hoy, 30/9/2005, debido a la lucidez de sus políticos para no querer pertenecer como hasta hoy a España, yo estoy en mi derecho de comprar a fabricantes españoles y no querer hablar en catalán, como así lo dice el abominable estatuto que se ha aprobado por esa gente que tienen ustedes como dirigentes, y que ustedes no han hecho nada por que esto no se produjera. Mis impuestos me gusta pagarlos a quien no se lo pueda quedar como el 3% famoso. A partir de esta fecha les pido que no me visiten. Sin más por la presente, Serafín Segovia Vendrell (Sera's Tapicerías de Valladolid)"
|
posted by Regueifeiro @ 1:20 PM  |
|
|
|
|
| Corpse Bride |

Fermosa, moi fermosa. E para os fans de Pesadelo antes do Nadal que non dean aguardado até a sua estrea en xaneiro, cumpre dicer que xa anda en mula a paso lixeiro con subtítulos nas alforxas. |
posted by Regueifeiro @ 12:47 PM  |
|
|
|
| Outubro 14, 2005 |
| I'm so bored with the USA |

Xa o dicían The Clash. Non vos perder este video. Por unha banda botas unhas risotadas coa infinda ignorancia dos ianquis -o de situar Irán ou Corea do Norte en Australia é moi forte-. Por outra banda sintes un suor frío na caluga ao comprobar a alegría coa que opinan sobre próximos paises a invadir -nos que inclúen inimigos coma Italia ou Franza- na súa sacra war on terror. |
posted by Regueifeiro @ 6:32 PM  |
|
|
|
|
| Sympathy for Lady Vengeance |

Estreouse onte no Festival de Sitges a terceira parte da triloxía da venganza dese xenio coreano que é Park Chan-Wook. Boas novas, non creo que tardemos moito en poder vela por estas terras por fin. Despois de varios meses baixando fakes da mula de supostos DVDRips xa vai sendo hora. A verdade é que Sympathy for Mr Vengeance e Old Boy deixaron o listón ben alto. Veremos se este confeso admirador de Bergman (!!!) leva a vinganza, neste caso feminina, a cotas ético-estéticas aínda máis altas, facendo rabear da envexa -aínda máis- ao pobre Tarantino. |
posted by Regueifeiro @ 1:05 PM  |
|
|
|
|
| Arcade Fire vs. Jay Jay Johanson |

Como gosto dos canadianos Arcade Fire. Vinos este verán en Paredes de Coura sen telos escoitado antes e xa apontaban maneiras. Unha vez escoitado e requetescoitado o seu debut Funeral, no que todas e cada unhas das cancións son potenciais singles, caio rendido aos seus pés como xa fixeron moitos outros antes ca min, alguns deles voces tan autorizadas coma David Bowie. E que pouco gosto do novo disco de Jay Jay Johanson. Este home, dende que baixou dos 50 quilos, está convencido de que é Kylie Minogue. Unha mágoa, co boísimos que son os seus tres primeiros discos triphopeiros. |
posted by Regueifeiro @ 12:30 PM  |
|
|
|
|
| Feismo |

Cousa fea. A mires por onde a mires a camisola da Selección Galega é unha cousa ben fea. Nen dinamismo nen gaitas. Coas fermosas propostas que abrollaban na rede e van e nos saen con esa especie de pixama de mercadillo. E aínda por iba nen lle poñen o nome do país. Para rematar a faena só falla que nos digan que o seleccionador vai ser David Vidal. Bon, aínda ben, polo menos botábamos unhas risas. |
posted by Regueifeiro @ 11:16 AM  |
|
|
|
| Outubro 13, 2005 |
| IV Reich |

E que ninguén se vai alporizar co pacto de goberno na Alemaña? Tiña entendido que os gobernos de concentración nacional só eran lexítimos en tempos de guerra. Realmente, tal como están artelladas as democracias bipartidistas occidentais, un cogoberno dos dous principais partidos ven ser unha dictadura de facto, por moito que representen á inmensa maioría dos votantes. Porque, quen vai vixilar aos vixilantes?
E todo para que comunistas e ecoloxistas non entren no goberno. O Capital alemán sí que sabe. Isto xa recorda aos chimpalagatos de socialdemócratas e democristiáns da ingobernábel Italia dos 70, tentando evitar que os comunistas chegasen ao executivo a toda costa. |
posted by Regueifeiro @ 6:10 PM  |
|
|
|
| Outubro 11, 2005 |
| Indíxenas vs. All Tomorrow's Parties |
| Pásao! |
posted by Regueifeiro @ 4:23 PM  |
|
|
|
|
| Eu de maior quero ser tertuliano |
| Estes días temos que escoitar a toda a troupe de lúcidos tertulianos profisionais dicer que é unha vergoña que un país como Pakistán, co seu multimillonario programa nuclear e inxente gasto militar, non teña helicópteros para rescatar ás víctimas do terremoto. O curioso é que hai ben pouco, co do Katrina, non dixeron o mesmo dos USA. O pesebre manda. |
posted by Regueifeiro @ 12:48 PM  |
|
|
|
|
| Aposta e gaña |

Betting on terror since 2005. Se adiviñas en que parte do mundo vai ser o próximo atentado gañas unha fermosa camisola. O de Bali do outro día fallou por apenas catro illas. Canfurnada ou crítico humor negro? Máis ben o segundo tendo en conta aos autores da iniciativa.
Por certo que se estes chegan a apostar co do xa mítico caixeiro de Caixa Galicia deste verán gañaban a camisola seguro.
|
posted by Regueifeiro @ 10:48 AM  |
|
|
|
| Outubro 07, 2005 |
| Paradise now |

De estrea nos cinemas estes días. Non creo que supere á mítica Hanna K. do Costa-Gavras pero ten boa pinta. |
posted by Regueifeiro @ 10:34 AM  |
|
|
|
| Outubro 06, 2005 |
| La edad de oro |

Para os que nascimos co abrollo do punk, a movida colleunos en cueiros. Tivemos a sorte de ter unha infancia plagada de electroduendes, brujas averías, Alfalfas, Herman Munsters e sketches protagonizados por Pedro Reyes e Pablo Carbonell pero nos perdimos o programa que foi auténtico altofalante de todo aquelo, La edad de oro. Para encher esta impordoábel eiva na formación da que puido ter sido a nosa persoalidade La 2 comezou a repoñer o programa a semana pasada. Emocionante. Agora durante once mércores máis toca chupar TV de madrugada. Contan os máis vellos do lugar -que si viron o programa no seu día- que ademáis de movida estatal -antolóxicas a reunión de Kaka de Luxe a semana pasada e a actuación e entrevista de Almodóvar e MacNamara onte- tamén saían xoias como a actuación dos Smiths en Madrid do 85, así que haberá que estar atento. Ou debería dicer al loro?
|
posted by Regueifeiro @ 10:19 AM  |
|
|
|
|
| Mariano en plan hetero |

E para un día que se pon en plan hetero vai e escolle a pose chunga machista dun Hugh Hefner calqueira. Moi triste o deste home. |
posted by Regueifeiro @ 10:09 AM  |
|
|
|
| Outubro 04, 2005 |
| En Galiza se pone el Sol |

Así titula hoxe o antigo falanxista aínda que demócrata de toda la vida Amando de Miguel a súa columna de Libertad Digital de hoxe na que contesta a unha suposta carta que recebeu dunha rapaciña galega independentista:
Maria Fer me escribe una encendida misiva en gallego. Se define como “unha rapaza tolerante, de esquerdas, galega e independentista”. Confiesa de entra que entre ella y yo “nom estamos de acordo en nada”. Afirma: “Sinto lastima da tua persona… Os teus escritos refuman odio á diversidade lingüística… Os teus artigos estan cheos dun lexico asimilista e colonizador, nom me enfado, e mais riome da tua ingnorancia”. Supongo que no hace falta que traduzca todos esos despechos, desplantes y dicterios. Menos mal que la rapaciña es tolerante.
Podedes ler o artigo completo aqui. E liberar a agresividade que vos cause mandándolle un agarimoso email ao seu autor aqui. |
posted by Regueifeiro @ 6:45 PM  |
|
|
|
|
| Demos varias |

Ultimamente sairon un par de maquetas moi interesantes que non comentara. A primeira delas é a de The Homens, power-pop de altísima calidade con letras en inglés e galego. Podedes baixala na súa completísima web. As miñas favoritas sen dúbida, Amor e non acrobacias e Desaparece con ese Hei, confesa que te poño!.

A outra é a dos grovenses Lentejas los miércoles cun estilo dificil de definir. Microtemas suxoelectrónicos que navegan entre a herdanza de Aviador Dro/Esplendor Geométrico, os toques do electroclash máis minimal e o technopunk da escudería de Alec Empire en Digital Hardcore. As miñas favoritas, Google e O ataque da gaivota.
Tamén hai rumores de que os composteláns Fanny & Alexander andan a gravar temas novos que verán a luz a finais deste mes de Outubro. Haberá que estar atento logo.
|
posted by Regueifeiro @ 5:30 PM  |
|
|
|
|
| Que animaliño |

Non sei que é peor, que o venda por Ebay ou que no seu día o construira enriba da estrada.
"vendo horreo gallego, en Ribadeo, (Lugo).
Se trata de un horreo muy original, ya que sólo tiene una columna y es muy visitado en la zona ya que está situado encima de la carretera
deshacer el horreo y los portes son a cargo del comprador" |
posted by Regueifeiro @ 12:16 PM  |
|
|
|
|
|