Novembro 30, 2005
Dobarrismo (III)


Esta reportaxe saiu no LECTURAS de 8 de decembro de 1972. Fermosas fotos e fermosa entrevista. E chulísimo o homestudio de Andrés. Por non falar das súas pintas. Agora xa sabemos a quen se querían asemellar os Stone Roses.

Free Image Hosting at www.ImageShack.us Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 10:11 AM  
Belle & Sebastian


Aínda que até o 7 de febreiro non sae The life Pursuit, o novo disco dos escoceses Belle & Sebastian , xa se pode escoitar un dos trece temas que farán parte do LP, o fermoso Another Sunny Day.
posted by Regueifeiro @ 8:28 AM  
Novembro 29, 2005
Estarán todos no Soulseek?


Haberá que botar un ollo. Acaba de sair e ten moi boa pinta.
posted by Regueifeiro @ 10:36 AM  
Optimismo


Gostei desta pintada. Unha especie de ponto medio aristotélico entre a inmediatez do Independência já! e o prazo indefinido do Galiza livre!.
posted by Regueifeiro @ 8:59 AM  
Novembro 25, 2005
Facendo Memoria (VI): Fusquenlha


Xa que hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller aproveitamos para lembrar a Fusquenlha, un combo compostelán de finais dos 90 pioneiro na música electrónica en galego. A súa existencia foi breve, un único concerto na Iguana e unha maqueta con nove temas da que se venderon pouco máis de dúascentas copias. Na demo había un tema chamado Deve ser revoluçom cuxa letra é ben acaída para un día coma hoxe. O tema orixinal que saiu na demo movíase nas coordenadas do drum n' bass pero posteriormente fixeron outra versión máis guitarreira plagada de ritmos Big-Beat. Esa versión ía ser incluida no recompilatorio de grupos galegos e cataláns Revolta Sonora pero finalmente optaron por meter outro tema da maqueta. Podedes escoitar Deve ser Revoluçom aqui e baixárvolo en mp3 de acolá. Por certo que o sample co que comeza o tema é da feminista americana Gloria Steinem. Eis a letra:

Sempre silenciadas, silenciadas na Historia
atadas na morada á tixola e á vasoira
abrirse de pernas até que el se corra
xa non sentir o sangue, xa non sentir as hostias

Muller, para ter éxito social
o teu corpo ao seu gosto ti debes modelar
coas medidas impostas polo Capital
non te resta outro remedio, ponte xa a vomitar

Sempre as protagonistas nas listas do paro
e ausentes na crónica do presente e do pasado
Puta no traballo, escrava no fogar
amante do teu home, nai exemplar

Atada ao teu entorno, atada á educación
polo día na oficina, pola noite pranchando calzóns
Racha co seu esquema tradicional
nunca foi da sociedade o pilar fundamental

Baixando a cabeza non vas mudar nada
nen con boas maneiras nen con boas palabras
pásate á disidencia, pásate xa á acción
o único xeiro efectivo de deter a agresión

Na escola, na rúa, na casa, no traballo
sempre intransixentes co omnipresente patriarcado
tamén falo para vós, homes, nenos e vellos
non sexades cúmplices co voso silenzo
Mudade as vosas mentes, mudade a educación
non é simples reforma, deve ser revolución.

Traballas de balde para os homes do Estado
non deixes que te explote o seu maldito patriarcado
Esixe un salario, é o teu dereito
nem un esforzo máis adicado ao seu Imperio

Explora o teu corpo, non todo é penetración
sexualidade=goze, non todo é reprodución
lambe, bica, acariña sem limitacións
os sentidos ao servizo da tua satisfación

Lembra que o sistema vos necesita
para a perpetuación do mecanismo capitalista
precisan nais, putas, e amas de casa
non lles deixes, non te deixes, muller libertada!

Tés que abrir os ollos, mirar a realidade
nen sociedade antisexista, nen igualdade
combate as inxustizas, denuncia as agresións
sempre luita contra a farsa da súa lexislación

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 2:40 PM  
Cagho no Calaza!


Iso deberon dicer os meus paxaros ao ler o artigo que imprudentemente puxen de fundo na gaiola. E iso que non era dos máis chungos. E vaia punteria, en plena cachola. Non lle queda mal a bosta de sombreiro. A verdade é que de entre todos os voceiros do auto-odio que poboan a maioría dos xornais este homiño leva a palma. Non é de estrañar que lle dean caña por todas partes.
posted by Regueifeiro @ 11:48 AM  
Novembro 24, 2005
Xetxu


Esta semana recebemos un correo del no que, alén de agradecer as nosas verbas na sección de Facendo Memoria, transcrebe e desencripta a letra do seu tema Xohana:

Fogo, no pobo temos fogo
corre a xente
voa a xente
e axiña como un lóstrego
síntese unha voz: "¡FUN EU!

Sangue, no pobo temos sangue
homes e ferros revoltos
e axiña como un lóstrego
síntese unha voz: "¡FUN EU!

"Trata dunha rapaciña que se alísca fora da casa dos seus pais, xanta un ácido (sí: LSD) e cando chega a rúa, alucina cando olla a brutalidade dun mundo complexo que cachena os seus sonos"

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 1:22 PM  
www.aregueifa.com


Agora podedes entrar tanto através de www.aregueifa.com coma da URL de Blogspot. E de paso aproveito para facer un deses reflexos infindos en plan boneca rusa.
posted by Regueifeiro @ 10:31 AM  
Novembro 23, 2005
Dobarrismo (II)


Desta volta recuperamos a reportaxe da lúa de mel de Andrés aparecida na revista SEMANA o 8 de xaneiro de 1972. Pinchade nas imaxes para velas a alta resolución e poder ler a entrevista.

Free Image Hosting at www.ImageShack.us Free Image Hosting at www.ImageShack.us Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 9:06 AM  
Novembro 22, 2005
Blog de Fanny + Alexander


Fanny + Alexander veñen de inaugurar un blog onde dar conta das súas músicas e relatar o proceso de gravación dos seus novos temas. Benvind@s á blogosfera.
posted by Regueifeiro @ 11:51 AM  
Metacinematografía


Ás veces é máis interesante saber como se fixo unha cousa que a cousa en sí mesma. Amenábar non é santo da miña devoción pero este libro é do máis interesante, artellado a base de entrevistas a todo o staff técnico e artístico de Tesis nas que relatan os pormenores do proceso creativo. Verdadeiramente inspirador.
posted by Regueifeiro @ 11:07 AM  
Novembro 21, 2005
Devendra Banhart vs. Sakos de Phume


Hoxe vai de cantautores a cousa. O hippioso Devendra Banhart nos agasalla con 23 temas e unha capa homenaxe ao Sarxento Pementa no seu novo disco, Cripple Crow. Trás unhas primeiras escoitas aínda non achei nada das dimensións de, por exemplo, A sight to behold, pero en conxunto é un disco moito máis rico que os anteriores Niño Rojo e Rejoicing the hands, abrindo o seu freak-folk -etiqueta moi acertada inventada polos gurús de Pitchfork- a novos universos sonoros.
E de freak-folk tamén calificaría os dous temas que Zimmer103 ven de gravar e publicar baixo o nome de Sakos de Phume. Nas súas propias palabras "música en estado cru que nunca vai estar nas estanterías nen nas mantas dos vendedores africanos, coma o fume dos contenedores e dos coches ardendo a música de zimmer103 viaxa única e exclusivamente pola ar, sacade panos mollados para tapar a boca porque iste fume é dos que matan!!". Agardamos con impaciencia novos temas.
posted by Regueifeiro @ 6:01 PM  
Novembro 18, 2005
Tremendo cibercocho


Onte un cibercocho entrou na Regueifa percurando en Yahoo "tremendas mamadas". Flipo con que alguén busque porno en internet con esa búsqueda. O de "mamadas", pase, pero o de "tremendas" é como para ir ao psicólogo para indagar por que non che valen as mamadas normaliñas, as de toda a vida. O que tamén me abraia é que saíndo 38.200 webs con esa búsqueda, apareza A Regueifa de segunda. Sobre todo tendo en conta que webs tan especializadas no tema como www.pajilleros.com sae de quinta. Manda carallo co que ben que funcionan os buscadores.
posted by Regueifeiro @ 1:25 PM  
Facendo Memoria (V): Pepe Domingo


A maioría o coñecerá pola radio. Outros por ser o tío da mala de Al salir de clase e do pelirroxo de Mareas Vivas. Pero houbo un tempo en que José Domingo Castaño era simplemente Pepe Domingo e se adicaba á canción lixeira. E algunha cousa fixo en galego. Coma esta adaptación da Rianxeira que gravou hai trinta anos co Dúo Dinámico. De feito se afinades o ouvido poderedes escoitalos facendo os coros.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 8:34 AM  
Novembro 17, 2005
Insuperábel


Cando xa pensaba que ninguén superaría aos vendedores da gorra de Supermartes e do hórreo de Ribadeo vai e aparece en escea este betanceiro indómito vendendo un cinceiro que a súa defunta curmá segunda lle mangou a Fraga do seu chalé de Perbes. Puro esperpento:

"Cenicero que fue usado por Manuel Fraga Iribarne, cuando era presidente de la Xunta, que estaba en su chalet de verano situado en Perbes (Pontedeume). Conseguido a través de una de las empleadas del servicio que se lo llevo de recuerdo y ahora ha fallecido. Era mi prima segunda se puede verificar, lleva las iniciales del presindente"
posted by Regueifeiro @ 10:23 AM  
Novembro 16, 2005
Dobarrismo (I)
A partires de hoxe e todos os mércores imos facer dende A Regueifa unha pequena homenaxe ao noso benquerido Andrés Do Barro, recuperando algunhas das moitas reportaxes que lle fixeron nas revistas da época, tanto musicais coma do corazón. Comezamos este monográfico co número de 11 de abril de 1973 da xa extinta revista rosa GARBO. A entrevista non ten desperdicio. Fico coa mención a Castelao coma referencia literaria, en plena Dictadura. Con un par. E que inxustas as críticas que recebeu dalgúns dos seus contemporáneos. Pinchade nas imaxes para velas a alta resolución.






Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 10:27 AM  
Tristemente indispensábel


E non, non falo deses paises tan sumamente "antidemocráticos" coma Cuba, China, Corea do Norte ou Venezuela. Nen tan sequer de Guantánamo ou Abu Ghraib. Indispensábel aqui e agora. Tristemente.
posted by Regueifeiro @ 10:13 AM  
Novembro 15, 2005
Scoop


Parece ser que coa boísima Match Point o bon de Woody Allen atopou unha nova musa coa que substituir a Diane Keaton e Mia Farrow. Xa está rodando a súa nova película, de novo en Londres e de novo con Scarlett Johansson. Iso si, desta vez volta estar tamén diante da cámara.
posted by Regueifeiro @ 11:06 AM  
De carallada


Contra as caralladas de Sir Paco. Divertidísimo o Comuuuunicado da VA-CA.
posted by Regueifeiro @ 9:07 AM  
Costa-Gavras


É unha mágoa que en Cineuropa non poñan esta no canto de Arcadia. Moito máis apropiada.
posted by Regueifeiro @ 8:50 AM  
Música complexa


Para estes tempos tan complexos.
posted by Regueifeiro @ 8:36 AM  
Novembro 11, 2005
Facendo memoria (IV): Alfredo


Non, non é Nino Bravo. É un tal Alfredo. E del pouco máis se sabe. A verdade é que nen estou certo ao 100% de que fose galego xa que editou temas tanto en castelán, coma en galego e euscara. Imaxino que si o sería, posíbelmente emigrado en terras vascas, xa que gañou o Festival do Miño no 71 co tema Terriña miña terra. Podedes escoitalo aqui.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 10:04 AM  
Novembro 10, 2005
Xa está aqui


De novo. E aínda por riba dándolle caña ao pequeno-imperio. Se en Platafoma profetizou tan acertadamente o choque de civilizacións actual -materializado estes días en forma de bombas en hoteis xordanos e da intifada africana na Franza- desta vez haberá que tomar boa nota da súa visión do futuro. En todas as librarías dende onte.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 11:24 AM  
Traslado a Bonaval
Nestes días nos que todos falan de Castelao, de Nación e de Estauto resulta interesante revisar este documento gráfico de 1984. Admirábeis os comentarios de Tareixa Navaza.
posted by Regueifeiro @ 10:31 AM  
Ugio e Giana


Máis perto. Maravillosa iniciativa.
posted by Regueifeiro @ 8:35 AM  
Novembro 09, 2005
¡Viva o Fu Remol!


Imprescindíbel. Reclamo máis obras coma esta.

"Pedro Feijoo, produtor musical e actual baixo de Lamatumba e anteriormente de Los Feliz e Kgben, neste libro desmiúza desde dentro o mundo da música popular en Galicia. Prologado polo escritor Suso de Toro e contando cun epílogo do músico e compositor Miguel Costas (Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz) ¡Viva o Fu Remol! ofrece de forma divertida, aguda e moi documentada un repaso á historia doméstica da música pop, ou popular, en Galicia e no noso tempo, de Jimi Hendrix e os Clash a Suso Vaamonde e Andrés Dobarro ou dos Ramones e Beatles a Resentidos e Diplomáticos… Consti-túe, ademais, unha auténtica guía e libro de instrucións para os mozos e mozas que pretendan adentrar-se no mundo do rocanrol, sexa analizando os problemas para formar unha banda, as posibilidades existentes para gravar as súas maquetas ou cómo realizar os primeiros concertos. Unha reivindicación da dignidade do traballo dos músicos."
posted by Regueifeiro @ 12:11 PM  
Novas vías, novos medios


Coa chegada das novas vías de distribución deben chegar tamén novos medios de reproducción, moito máis cómodos e, sobretodo, ecolóxicos. Para ler e-books, escoitar música, ver filmes (alén de navegar por internet, xogar, traballar ou compoñer música, entre outras centos de funcións) eu recomendaría un Pocket PC, preferíbelmente con pantalla VGA por aquelo de non deixarse a vista no intento. Sonche un pouco careiros, relativamente, xa que un ipod vale polo estilo e ten unha soa función, pero case mellor gastalo nisto que en papel e tinta para a impresora ou en CDs. O ecosistema e o clima mundial agradecerancho.
posted by Regueifeiro @ 10:33 AM  
Novembro 08, 2005
Acid House Kings vs. ABBA


Agora que Madonna lo flipa con certos suecos eu fago o propio con estes outros. Pop fermoso, delicado, curriño, preciosista e todas esas cousas que se soen dicer.
posted by Regueifeiro @ 5:26 PM  
Anaco de Historia do Nacionalismo Galego


A semana pasada atopei este díptico que editaron as Irmandades da Fala co gallo do centenario do nascimento de Pondal. É de 1917, un ano posterior á creación das Irmandades e un ano anterior á histórica I Asamblea Nazonalista Galega, e contén pola parte de atrás o texto íntegro de Os Rumorosos. Podedes ver a imaxe a alta resolución aqui. Fixarvos nunha parte do texto que fala de certos "escuros vilegos da fidalga cibdade da Cruña". Manda carallo. Case un século despois e seguen ahi os condenados.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 8:23 AM  
Benvinda!


E benvind@s tod@s ao futuro da distribución artística.
posted by Regueifeiro @ 8:14 AM  
Novembro 07, 2005
Patoloxías patrioteiras


Está visto que llevar a España en el corazón non é bon para a saúde. Se eu fose Paco Vázquez iría facer un electrocardiograma xa. Comeza con unha simple urticaria e mira como remata.
posted by Regueifeiro @ 6:15 PM  
Novembro 04, 2005
Facendo memoria (III): Fernandito, o pequeno reiseñor


Aínda que Andrés Do Barro é considerado o pioneiro das músicas contemporáneas cantadas en galego non podemos esquecer que catro anos antes da saída do seu primeiro EP, Los Tamara xa publicaran o seu Galicia Terra Nosa. E os de Pucho Boedo non foron os únicos. Tamén en 1964 apareceu este EP de Fernandito, unha sorte de neno prodixio que sen dúbida pretenderon lanzar coma un Joselito á galega. Podédelo escoitar musicando os versos de Manuel Murguía, Nena das soledades, aqui.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 8:25 AM  
Novembro 03, 2005
Death Cab for Cutie vs The Postal Service


Moralexa: se tés un grupo co que che vai máis ou menos ben non montes outro proxecto paralelo e edites con el un boísimo disco de debut no que haxa algún single que se convirta en clásico inmediato porque se o fas, calquera novo disco que saques co teu grupo orixinal vai ser automáticamente infravalorado. Por moi bon que sexa.
posted by Regueifeiro @ 5:42 PM  
Arcadia


Trás uns anos algo baixo o Costa-Gavras renasceu con Amén. A ver se esta confirma o seu rexurdir. De estrea este días nos nosos cinemas.
posted by Regueifeiro @ 5:30 PM  
Novembro 02, 2005
Caramuxo


Moi boas as novas camisolas de Caramuxo. Eu xa me fixen con algunha que outra.
posted by Regueifeiro @ 4:33 PM  
 

Subscrever com Bloglines Subscrever com Bloglines

Recentes
Arquivos
De Viaxe

Firefox en galego!

Feed XML

Feed RSS