Marful

E o bulir musical que non cesa na GZ. Marful plasman por fin a súa interesante fusión de épocas e estilos en disco. Podedelos escoitar premendo aqui e entrando na sección de Criaçom.
Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que cohabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert. Marful, con Ugia Pedreira á fronte e con Pedro Pascual (acordeón diatónico), Pablo Pascual (clarinete baixo) e Marcos Teira (guitarra), presentan o seu primeiro disco, cun proxecto que nos abre xanelas na actual música de Galiza. Con eles colaboran Luis Alberto Rodriguez (bateria) e Xacobe Martinez (contrabaixo).
Tres grandes músicos e unha voz conmovedora -coñecidos e recoñecidos pola súas carreiras artísticas individuais- xúntanse nun disco inspirado nos carnés de baile cunha inequívoca vocación contemporánea.

A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a 





Postar um comentário