Julho 17, 2006

Debut de Los Iribarnes en www.aregueifa.net



Chegado dende a galaxia exterior de Compostela aterra o space-rock de Planeta Iribarne, primeiro traballo dos alieníxenas gamberros Los Iribarnes. Dous temas en galego, dous en castelán e dous intrumentais conforman este EP no que conflúe a estética da ficción científica dos 60 con influencias do tipo de Man or Astroman, Los Tamara e Minor Threat. Máis info e descarga do EP premendo aqui.

"Los Iribarnes chegan dende o espazo exterior para conquistar a nosa galaxia! Rafa, Cris e Seve veñen de explorar as estrelas mais quentes na percura do aunténtico son Iribarne: aquel que consiga abducir os terrícolas e dominar a súa vontade para se facer co control deste anaco de galaxia. Para a realización deste experimento contaron coa colaboracion de Screamin Johakim, organista do inferno e terrícola felizmente abducido. Orixinado noutro planeta, fermentado no visionado de estupidas series de sci-fi, aderezado cun belisco de Man or Astroman?, unha raspa de Minor Threat e uns xeos de Los Tamara é o mellor xeito de escoitar a música destes alieníxenas gamberros."

Seja o primeiro a comentar

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados