Outubro 31, 2006

Nadadora e Apenino en galego



No compilatorio de Nadal do selo Jabalina atopamos unha confirmación e unha sorpresa. A confirmación, o tema Escoita, a neve cae arredor dos grovenses Nadadora, versión de Yoko Ono que xa fixeran Galaxie 500. E unha sopresa, Panxoliña para Nuna do compostelán Apenino. Unha mágoa que Humanoid non se animase co galego. Podedes escoitar a de Nadadora aqui.

Seja o primeiro a comentar

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados