Janeiro 31, 2006
Munich


Se eu fose xudeu non me importaría nada que me chamasen "antisionista de esquerdas". Despois de ver Munich, estou ben certo de que ao seu guionista, Tony Kushner, tampouco lle importa un carallo que llo chamen. Entre o filme e a victoria de Hamás, o ilexítimo Estado israelí debe andar ben doente.

E un dez para Spielberg. A valentía dese plano final merece o aplauso de todos e todas.
posted by Regueifeiro @ 5:16 PM  
Camisolas para blogueiros
Molan. Ademáis teñen unha versión para autónomos:



E outra para traballadores por conta allea:

posted by Regueifeiro @ 11:21 AM  
Janeiro 30, 2006
Onde hai que ir cobrar?


Mágoa que só sexa unha extrapolación derivada dun estudo.
posted by Regueifeiro @ 7:38 PM  
Leonard Cohen "I'm Your Man"


E seguimos ancorados no Québec. E non collendo fletán precisamente. Se és siareiro do poeta xudeu-budista con máis talento, benvindo ao clube. E se non o és, seguro que escoitar as súas maravillosas músicas nas voces de Nick Cave, Bono, Rufus Wainwright, Jarvis Cocker e Beth Orton che fai entrar en razón. Xa pasou polo Sundance. E pasará pola Berlinale. Pero sospeito que aqui non o imos cheirar. Cando menos en pantalla grande. Aínda ben que temos aos nosos fieis amigos os équidos. Polo de agora e mentres non dá chegado, podemos ir desfrutando do trailer.
posted by Regueifeiro @ 1:11 PM  
Janeiro 27, 2006
Homenaxe a Andrés do Barro en Luar


Dobarristas do mundo, hoxe á noite hai que poñer o video a gravar.
posted by Regueifeiro @ 10:32 AM  
Facendo Memoria (XII): Generación '49


Estes catro rapaces decidiron en 1968 facer versións de cancións galegas en clave beat. Non foron os primeiros en interpretar música popular con hammond, guitarra, baixo e batería xa que os valencianos Los Relámpagos xa o fixeran un par de anos antes, chegando a versionear incluso temas galegos como A Rianxeira, Alborada Gallega ou a Marcha do Antergo Reino de Galicia. Podedes escoitar algo do que facían estes rapaces chamados Generación '49 del Ballet Gallego premendo aqui.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 8:11 AM  
Janeiro 26, 2006
Mash Up


E falando do moi recomendábel novo programa EXTRARRADIO, para os que volo perdistes a fin de semana pasada aqui tedes un machuco que puxo Vincent Jalo na súa sección do domingo: Madonna vs. Xil Rios - Xirarei on you. Agora xa podedes pinchar esa remestura bastarda entre o Xirarei e o Hung Up nos vosos guateques.

E atentas e atentos porque cada semana haberá un mash up novo.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 6:15 PM  
Galegoz


GALEGOZ é un novo proxecto musical que, co ollo posto en Gorillaz, puxo a andar hai ben pouco algunha xente de A Matraca Perversa. O seu disco vaino editar Ouvirmos en Marzo e xa podemos ir escoitando algo do que fan. Premede aqui para escoitar o seu Galician Chimpanzé.

Por certo que está fin de semana vannos entrevistar no novo programa da Radio Galega EXTRARRADIO, así que non volo perder.
posted by Regueifeiro @ 4:59 PM  
Droghas


Ler esta nova fíxome lembrar este experimento da NASA. A conclusión evidente é que hai que deixar o café. There's too much caffeine in your bloodstream, como cantaban os Smiths. E Astrud, claro.
posted by Regueifeiro @ 12:27 PM  
Janeiro 25, 2006
Dobarrismo (IX)


No Lecturas de 26 de setembro de 1975. Publicidade de Avecrem incluida.

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 11:07 PM  
Ledicia soviética


Vai resultar que, por moito que insistan algúns, na URSS a xente era feliz. Así nolo conta o xornalista Dominique Lapierre no seu novo e moi recomendábel libro.
posted by Regueifeiro @ 6:37 PM  
Stars


Dous dos mellores discos que nos deixou o 2005 viñan dese fermoso e frio país chamado Quebec. De un deles xa falara hai tempo e ten protagonizado milleiros de liñas na prensa musical. O outro non tivo tanta sorte cos medios. Set yourself on fire, terceiro disco de STARS, xoga na mesma liga que Death Cab for Cutie, ten ecos dos Smiths e os seus autores aspiran a suceder aos extintos The Delgados. Efectivamente, fermosísimo pop a dúas voces, masculina e feminina, metendo máis instrumentos que trepas hai en NN.GG. O cebo para caer nas súas redes podedelo ver aqui ou escoitar acolá.
posted by Regueifeiro @ 10:46 AM  
Janeiro 24, 2006
Sitio Distinto


As fotos que van chegando ao segundo Concurso de Fotografía Anecdótica Galega organizado polos xeniais Aduaneiros Sem Fronteiras nos lembran, un ano máis, que vivemos no sitio máis distinto do planeta. "Meu Deus, Magnum!", que diría o Higgins.
posted by Regueifeiro @ 5:52 PM  
Janeiro 23, 2006
Tortoise & Bonnie Prince Billy


Que acontece cando un freak barbudo e saudoso se mete no estudo cun feixe de experimentadores sónicos a fedellar en composicións de Devo, Bruce Springsteen, Elton John, Milton do Nascimento e Don Williams? Pois que sae un disco tan interesante e variopinto coma este. Dende hoxe disponíbel en grandes superficies, pequenas mantas e extensas redes.
posted by Regueifeiro @ 6:51 PM  
Hoxe si


Comeza por fin Ipop. De luns a venres ás 20,00 horas en La 2.
posted by Regueifeiro @ 1:00 PM  
Walk the Line


Podes ir ver esta película co disfraz de melómano, co de cinéfilo ou co de cidadán medio. Escollas a vestimenta que escollas, non vas ficar defraudado xa que ten algo que ofrecer -moito- a cada un. Podes aguardar á súa estrea oficial nestas terras -en febreiro- ou podes montar na túa querida mula e vela xa en VOS.

E un par de recomendacións para iniciarse nos talentos do Johnny Cash: o recompilatorio Ring of Fire e o seu epílogo cantando temas de outros, The Man Comes Around.
posted by Regueifeiro @ 1:00 PM  
Janeiro 20, 2006
Facendo Memoria (XI): Joaquin Deus


Esta mesma semana, Vieiros lembraba o 150 aniversario do nascemento do compositor galego Xosé Castro González, Chané. Precisamente a mezzo-soprano catalana da que falamos a semana pasada gravou varios tema da súa autoría, pero non foi a única que o fixo dentro do mundo da lírica. Un tenor galego, Joaquin Deus, gravou e editou un EP con catro temas do mestre Chané en 1960. Podedes escoitar a súa interpretación da fermosa Unha noite na eira do trigo aqui.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 2:33 PM  
Recoñecemento de facianas


Nesta web subes unha foto en primeiro plano e o seu software cha escanea e saca parecidos. Parece ser que vai bastante ben, visto o parecido Rajoy/Pasteur ou outro que saiu de Fraga/Hitchcock. Haberá que experimentar con fotos de Sir Paco a ver se é certo o do seu mítico parecido con Robert Deniro. Graciñas a Don Pezón polo link.
posted by Regueifeiro @ 12:57 PM  
O tren que me leva


Aínda non se sabe cando vai ser a estrea do documental de Anxo Fernández sobre a vida e obra de Andrés do Barro pero, polo menos, xa está en liña a súa web, ben carregadiña de información. E para os que devecemos por velo, un petisco.
posted by Regueifeiro @ 12:37 PM  
Caché


Está visto que os europeos, ou os asiáticos, cando nos poñemos, facemos mellores e máis profundos thrillers que a máquina de churros hollywoodense. Tampouco hai que esforzarse moito, a verdade. De estrea estes días.
posted by Regueifeiro @ 11:48 AM  
Janeiro 18, 2006
Dobarrismo (VIII)


Omnipresenza absoluta. De Do Barro poñían fotos até nas contracapas dos contos infantís.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 6:42 PM  
xD


As cousas que se receben por email:

"Dise que cando Deus creou o mundo, para que os homes e mulleres
prosperasen decidiu concederlles dúas virtudes. Así fixo:

Ós/ás suizos/as fíxoos ordenados e cumplidores da Lei.
Ós/ás ingleses/as fíxoos persistentes e estudosos
Ós/ás xaponeses/as fíxoos traballadores e pacientes.
Ós/ás italianos/as alegres e románticos.
Ós/ás franceses/as fíxoos cultos e refinados.

E cando chegou ós/ás galegos, volveuse hacia o anxo
que tomaba nota e díxolle :

"Os galegos e galegas van a ser intelixentes, boas
persoas e do Partido Popular"

Cando acabou de crear o mundo, o anxo díxolle a Deus

"Señor, déchelle atódolos pobos dúas virtudes e ós galegos tres. Isto
fará que prevalezan sobre tódolos demais".

"Pois é verdade, ben como as virtudes divinas non se poden quitar, que
os galegos a partir de agora teñan tres, pero a misma persoa non poderá
ter
máis de dúas virtudes á vez".

Así:
O galego que é do Partido Popular e boa persoa, non pode ser intelixente.
O que é intelixente e do Partido Popular, non pode ser boa persoa. E o que é intelixente e boa persoa, non pode ser do Partido Popular"
posted by Regueifeiro @ 6:29 PM  
Janeiro 17, 2006
Anacos de Historia


Hai pouco conseguín esta maravilla. Un carnet de afiliado das Irmandades da Fala, asinado nada menos que por Antón Vilar Ponte, un dos pais do nacionalismo galego. Encantoume o de "tendo en conta as súas condiciós de bon galego". Está visto que en 1917 se tomaban a letra do hino ao pé de letra. Por certo que o tal Xerardo Roque era xornalista e corresponsal na Galiza de varios xornais internacionais. Premede na imaxe para vela a maior resolución.

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 11:54 AM  
Polanco vs. Teddy


Non vos perder o video desta xente baixándose música dende a WIFI da SGAE e logo entrando a confensar o "crime". Como din na NBA, in your face.
posted by Regueifeiro @ 10:30 AM  
Janeiro 16, 2006
Crash


Mergullándose con destreza nesa pota a presión racial que son os Estados Unidos de América. Moi na liña narrativa de filmes coma Magnolia, Traffic ou Short Cuts. Resulta sorprendente que sexa a primeira película que dirixe alguén. Por moito talento coma guionista que teña.
posted by Regueifeiro @ 6:20 PM  
Burato Negro


Vas ao portal de Rosa (de España) chamado www.rosamania.info. Unha vez dentro vas á sección de discografía. Alí percuras o disco De Benidorm a Benicàssim, premes na capa do album e apareces n'A Regueifa. Nen a Teoría das Cordas sería capaz de explicar este atallo interdimensional.

Menos mal que outras referencias moito máis gratificantes amortiguan o trauma.
posted by Regueifeiro @ 1:16 PM  
O2


Si. Aire puro por fin. Esta fin de semana puidemos ver nos novos programas da TVG entrevistas a Méndez Ferrín -en Miraxes- e Carlos Blanco -en Planeta Cine-. Maravilloso ver coma, por unha banda, vai chegando a cultura á televisión pública, e por outra, comprobar que remataron as listas negras impostas polos democratas-de-toda-la-vida.

E o mércores, ao rematar Los Lunnis, en La 2 comeza Ipop, un novo programa de tendencias dirixido polo amigo Jesús Ordovás e apresentado pola rapariga de Cycle. A Paloma Chamorro do século XXI? Coa sona de tola do monte que ten, dubidoo moito. Pero hai que lle dar un voto de confianza, igual non o fai mal. O malo é que as sete da tarde non é unha hora idónea para a maioría.
posted by Regueifeiro @ 12:31 PM  
Janeiro 13, 2006
Facendo memoria (X): Conchita Supervía


Por moi incríbel que resulte, unha estrela internacional da ópera dos anos 20 cantou e gravou na nosa língua. Conchita Supervía foi unha mezzo-soprano catalana que acadou sona internacional nos anos 20 e 30 e que hoxe desfruta da categoría de mito da ópera entre os afeizoados. Na súa curta vida -morreu prematuramente no parto do seu primeiro fillo- tivo tempo de percorrer os principais teatros da ópera do mundo, se converter nunha estrela mundial do belle canto e deixar un abundante legado sonoro. Entre estas gravacións se achan tres pezas na nosa língua: Meus amores, Un adios a Mariquiña -con letra de Curros Enríquez- e Canción Gallega nº1. Podedes escoitar esta última peza premendo aqui.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 8:29 AM  
Janeiro 12, 2006
De Benidorm a Benicàssim


E falando de Benicàssim, a semana que ven chega ás tendas este disco. Como todos os temas sexan como os que xa soan por ahi (a titánica versión de Migala, o "lo hago por dinero" de Ellos, o xenial duo de J de Los Planetas e Christina Rosenvinge e a versión de La vida sigue igual de Julio Iglesias executada por Violeta Gómez) vai resultar un disco imprescindíbel. Xa morro de curiosidade por escoitar a Rosa (de España) mergullándose no abstracto universo post-rock de 12TWELVE. Os temas que inclúe son:

ELLOS: Pero él se ríe de mí
FANGORIA: Tengo que tranquimizarme
NACHO VEGAS: Soul for sale
JEANETTE & REFREE: CD virgen
MIQUI PUIG Y SU CONJUNTO ELECTRICO: Segurata inseguro
¡VIVA MAESTRO!: We are the scene
VAYA DOS: Un millón de copias
JO ALEXANDER: La ambición negra
LOS FRESONES REBELDES: IN-dependiente (OUT-mix)
BEEF FEATURING J & CHRISTINA ROSENVINGE: De Benidorm a Benicàssim
GENERAL BASICA FEATURING JAVIER ALVAREZ: posLemongirl
VIOLETA GOMEZ: La vida sigue =. Versión de Julio Iglesias
TINA GIL: (Underground) star. Versión de David Bowie
GALIANA Y SILVIA PEREZ CRUZ: Mal menor
ABDESS OUKHI: Almodóvar y Amenábar
MIGALA: My heart will go on. Versión de Celine Dion
NOSOTRÄSH: Ultimätum
LUIS HITO: El alma en venta
ROSA+12TWELVE: Una eternidad
LOBBY: Voy a hacer de ti una Moby Star
VIVA LAS VEGAS: Agujero negro
posted by Regueifeiro @ 2:43 PM  
La hora chanante


Xa está acadando o status de programa de culto. Do mellor humor que se pode ver na TV, sen dúbida, aínda que sexa de pago. Sabía do seu vencello musical pero non que fixeran un retrospecter co Festival de Benicàssim.
posted by Regueifeiro @ 2:34 PM  
Janeiro 11, 2006
Ruido de sables


Agora que os salvapatrias andan de flashback é un bon intre para recuperar esta divertida gravación do 23-F. Corresponde á introducción que fixo un subalterno de Tejero no congreso antes da chegada da "autoridad militar competente, militar, por supuesto" e amosa a altísima capacidade e impecábel formación desta xente. Que oratoria tan elaborada. Que prosa tan florida. Que exquisita educación. Que capacidade de sintese. Unha maravilla. Con ese peteiro de ouro, seguro que o tiñan pensado poñer de portavoz do novo goberno golpista.
posted by Regueifeiro @ 1:13 PM  
Dobarrismo (VII)


Outro mércores máis e outra entrega mitómana dobarrística. Desta vez compartindo con James Brown a capa do número de 20 de novembro de 1971 da revista Mundo Joven. Pero o verdadeiramente imprescindíbel é a entrevista que inclúe. O xornalista é un auténtico tocapelotas que non para de meterlle o dedo no ollo con cada pregunta, conseguindo, iso si, que se molle, incluso politicamente. E de que maneira. Algúns extractos:

"Desde los Reyes Católicos han empezado los castellanos a cargarse pueblos, cuando al gallego no hay quien se lo cargue"
"Quería promocionar la lengua gallega, que en mi tierra es despreciada por las clases más altas"
"Cuando mis canciones se hicieron conocidas, el gallego llegó a la burguesía"
"¿Es Galicia Católica? Los gallegos ponían la cruz delante en el hórreo para quedar bien con los castellanos"

Ahi queda eso. E con Fraga de Ministro de Información. Pero non só fala de política e relixión, tamén ten intres ben divertidos, como a explicación oficiosa da letra de Corpiño Xeitoso e até aproveita para vingarse das críticas que recebeu de Voces Ceibes. Non vos perder a entrevista:


Free Image Hosting at www.ImageShack.us Free Image Hosting at www.ImageShack.us
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 12:19 AM  
Janeiro 10, 2006
Cuac FM


A emisora herculina Cuac FM ven de convocar o seu VIII Concurso de Maquetas. O prazo para enviarllas remata o 1 de marzo, así que se alguén se quer apresentar aínda ten tempo de mercar a guitarra e até de aprender a pentatónica. Para consultar as bases premer aqui.
posted by Regueifeiro @ 6:14 PM  
Hai que ser flipado


Se aínda fosen 5, 10 ou incluso 15 euros. Iso si, como a dea vendido a ese prezo insultante, o que vai rir de todos é el.
posted by Regueifeiro @ 1:34 PM  
Que apostamos?


Xogome o que queirades a que nengún baixades dos 80 pontos. Vai?
posted by Regueifeiro @ 10:24 AM  
Janeiro 09, 2006
Hanne Hukkelberg


Dende Noruega. Menos estridente que Björk. Máis arriscada que as Cocorosie. Menos pausada que Hope Sandoval. Máis conmovedora que Róisin Murphy. Menos dramática que Beth Gibbons. Máis fermosa que Beth Orton. O cal non siginifica que sexa mellor que nengunha delas, nen moito menos. Pero o seu primeiro LP, Little Things, merece unha atenta escoita.
posted by Regueifeiro @ 4:14 PM  
Que riquiño


Ou que pobriño. Averíguao.
posted by Regueifeiro @ 4:06 PM  
Un bon ano


O 2005 foi un boísimo ano para os modelos económicos cubano e venezolano, co seu PIB medrando un 11,8% (o máis alto da historia da Revolución) e un 9,4%, respectivamente. Pero o máis importante é que esa riqueza será repartida con xustiza. Celebrareino mercando unha camisola de apoio a Evo Morales.
posted by Regueifeiro @ 12:28 PM  
Marie Antoinette


Confeso que no seu día fun ver ao cinema As Virxes Suicidas case exclusivamente polo reclamo da banda sonora composta por AIR. Desconfiaba enormemente dela por ser "a sobriña de". E con Lost in Translation outro tanto. E aínda que As Virxes Suicidas non está nada mal, sobre todo trás un segundo visionado, foi o romance entre Bill Murray e Scarlett Johansson baixo os neons de Tokyo o que me convenceu de que Sofia Coppola é moito máis que a filla de Francis Ford, curmá de Nicholas Cage, exmoza de Spike Jonze e namorada de Tarantino.
Con iso e tendo en conta que o director de fotografía volta ser o xenial Lance Acord (Buffalo 66, Being John Malkovich, Lost in Translation...) haberá que tomar ben en serio a súa vindeira fita, un biopic de María Antonieta na que poderemos desfrutar da toma da Bastilla a ritmo de New Order. Unha película de época con eses roupaxes tan modernos é unha proposta ben arriscada, pero polo menos no trailer funciona.
posted by Regueifeiro @ 10:42 AM  
Novos plans, idénticas estratexias
Unha mágoa a pausa natalicia. Non puiden celebrar a victoria da selección galega. Nen facer brincadeiras co pasamento por capítulos de Sharon. Nen comentar o fondo de armario do admirábel Evo Morales para contrarrestar os ataques que recebeu dos estilistas do nacional-catolicismo. Pero aqui estamos de novo. Con novo deseño e retomando o sistema de comments de Haloscan para evitar ter que escreber o código antispam cada vez que se quer comentar. E co dominio www.aregueifa.com fora de servizo temporalmente.
posted by Regueifeiro @ 10:37 AM  
 

Subscrever com Bloglines Subscrever com Bloglines

Recentes