Primeiro longo de COLECTIVO ORUGA no Netlabel

A primeira novidade galega de 2007 chega da man de Colectivo Oruga. Alex Mera e Iago Martinez son o núceo musical deste proxecto nascido en Ponteareas no que participan dende deseñadores gráficos até videocreadores. Nos oito temas que fan parte de Ricos Modernos os Oruga demonstran un dominio absoluto do pop electrónico en todas as súas vertentes, facendo incursións no trip-hop en temas coma Caciques e You Know e reivindicando a pista de baile noutros coma Dancing e Temptation, este último, con total certeza, futuro clásico do dance galego.
Máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net

A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a 





Postar um comentário