Novembro 23, 2007
Os Pobre$ - Financial Rock (1993)


Os lucenses OS POBRE$ gravaron unha única demo en 1993, Financial Rock, unha xoia garaxeira que recuperamos agora do analóxico para o dixital na sección de VELLAS MUSICAS do netlabel A Regueifa Plataforma.

Máis info e descarga gratuita do disco en www.aregueifa.net
OS POBRES - FINANCIAL ROCK (1993)
Houbo unha época en que todo lucense quería ser un Contento. Se Los Suaves fixeron que Ourense fora jevi, Los Contentos construíron, sen querelo, un Lugo garaxeiro, fuzztoniano e postmod. En medio dese Lugo de pelo casco e pantalón pitillo, do Pio Pio e dos concertos do San Froilán, nacen Os Pobre$, co único fin vital de subir un día ao escenario da Praza Maior. Dañel, guitarrista de escola jevi reeducado polo resto do grupo no garaxe dos primeiros setenta, xúntase con Tucho Tito, baixista entwisteliano e académico. Grial, batería criado e formado a base de repetir o estilo de vida de Keith Moon, consigue convencer a Dr. Muras coa promesa de éxito sexual asegurado na provincia. Así naceron Os Pobre$ (90210), que empezaron repetindo como monos aos Who e a MC5 pero querendo ser como Los Contentos en espírito e forma de vida. Catro concertos, unha maqueta (Financial Rock) e unhas pintadas con rotulador gordo foron o legado dun dos grupos desastres menos influíntes da historia do rock.
Acusados de pijos pola referencia continua á serie de televisión Sensación de Vivir (sempre firmaban co código postal de Brandon e Brenda, pegatinas nas guitarras...), forxáronse un malditismo que aseguraba odios masculinos e éxitos femininos. A crise de liderazgo de Dr. Muras provocou un cisma que daría paso á segunda formación, colocando a Grial de cantante e guitarra (e collendo a testemuña de Dr. Muras de símbolo sexual provincial) e a Salvatore na batería. Os Pobre$ 2.0 (que arranxaban, entre outras, cancións de Manolo Kabezabolo para que lle gustaran ás nenas) foron flor dun día, desastre dos desastres e a morte musical de todo o que tiña algo que ver co proxecto.
Anos máis tarde, Dañel creou Artista Plástico Total e Grial cantou dúas cancións nun concerto único e memorablemente bizarro. Pero esa xa é outra historia.

Marcadores:

posted by Regueifeiro @ 12:21 PM  
 

Subscrever com Bloglines Subscrever com Bloglines

Recentes
Arquivos
De Viaxe

Firefox en galego!

Feed XML

Feed RSS

Web Counter
Visitas dende o 21/01/2005