Março 30, 2007

Novo libro no netlabel



A sección OUTRAS ARTES de A Regueifa Plataforma segue gañando pontos para mudar o seu nome polo de LITERATURA. Hoxe sae do prelo dixital o poemario Emogramas de LEONIDAS LUA LACORME. Coma sempre, máis info e descarga do libro en .pdf en www.aregueifa.net

"(...)O autor [presumibelmente etc] esgaza a súa madeira para amosarnos os seus aneis de crecemento vexetal: os emogramas son círculos de maduración ou conflicto emotivo. Son marcas nun interface destinado a entrar en comunicación con quen o toque. Unha pel tensada, unha libra de carne ofrendada, un pelexo feito de soidade que se despega como unha casca, unha amputación.
Funcionan como exorcizadores, como extirpadores de amor maligno. Son dispositivos de autoacubillo. Rexeneradores.
Os emogramas viviseccionan. Isto é, seccionan, tallan a vida. Pola metade, polo medio, sen deixar títere con cabeza, corpo con raíz. Dous que son un. E logo un que son dous. Similar a unha pequena vida celular fotografada ao detalle, a arte da emografía promete sangue, lágrimas e -ao igual có robot Alexitimia que se menciona ao principio [alexitimia é un termo que refire a incapacidade de verbalizar as emocións]- suor.(...)"

Março 29, 2007

PRIMEIRAS XORNADAS DE DEBATE SOBRE A MUSICA GALEGA



A Consellería de Cultura e o IGAEM organizan as primeiras xornadas de debate sobre música galega. Terán lugar os vindeiros días 10 e 11 de abril en Compostela, no Auditorio de Galicia. @s que queirades asistir tedes de prazo até o 9 de abril para vos inscribir.

Radio Oceanica de 25 de marzo



Xa se pode descargar o programa en mp3 e escoitalo online na web do programa. Agora tamén se pode escoitar online na sección de Radio á carta da propia web da CRTVG. No programa desta semana estiveron os Beach Boys galegos, isto é, os ferroláns Quant, que fixeron un precioso acústico no estudo e nos contaron os seus plans de futuro. Ademáis o que sonou foi:

1.-MURMURA – Siebenland (Demo, 2007)
2.-!!! – Heart of Hearts (Myth Takes, 2007)
3.-NUM9 – A giant step (The Glow Worm Resistance, 2007)
4.-DNTEL (feat. CONNOR OBERST) – Breakfast in bed (Dumb Luck, 2007)
5.-MK Y NONIMO – Hasta el final (Desde el principio, 2006)

Março 28, 2007

GUEZOS 99-06



A banda ourensá de folk-rock GUEZOS edita en A Regueifa Plataforma o disco 99-06, un compilatorio que fai un percorrido polos seus sete anos de vida, incluindo catro temas gravados ao vivo.
Coma sempre máis info descarga de balde do disco en www.aregueifa.net

Março 27, 2007

KOMUNIKANDO TV



O segundo programa desta iniciativa pioneira xa está na Rede.

Março 26, 2007

Ataque Escampe e O Leo i arremecághona

Ao vivo na festa do sexto aniversario do Cineclube de Compostela:



Ataque Escampe - Tango do Sintasol



Ataque Escampe- Móbel-Bar



Ataque Escampe - Akira Toriyama



O Leo i Arremcághona (feat. Pepa Yañez) - A vida é unha muiñeira

Março 23, 2007

Facendo memoria (XXXII): Los Tamara



Que mellor homenaxe ao grande Prudencio Romo, finado o pasado martes, que adicarlle esta sección á banda da que foi fundador, baixista e principal compositor, Los Tamara. A rede está chea de información sobre o grupo así que case mellor centrarse no talento de Prudencio, o primeiro pola dereita na foto.
Igual que Los Tamara non serían Los Tamara sen Pucho Boedo, tampouco o serían sen o talento natural para a composición de Prudencio Romo. Un talento que se puxo de manifesto moi especialmente na súa última época e -no relativo a esta sección adicada aos pioneiros no galego na música- sobre todo nos imprescindíbeis Miña Galicia Verde e Na fermosa Galicia, dous LPs de Los Tamara cantados integramente en galego (petados de clásicos das dimensións de O vello e o sapo ou Monólogo do vello traballador) onde Prudencio alén de aportar letras propias musicou maxistralmente poemas de xigantes coma Rosalía de Castro, Francisco Añón ou Celso Emilio Ferreiro. E precisamente Celso Emilio é quen o recoñece coma mestre neste texto que inclue o LP Miña Galicia Verde. Prudencio Romo, mestre de mestres.

Março 22, 2007

Noise Project



Noise Project, os Mogwai galegos, de Valga para máis dados, andan metidos no estudo estes días e acaban de subir fotos das sesións de gravación ao seu Myspace. O lanzamento do seu debut -a primeiros de maio- de seguro que vai ser un dos momentos clave deste 2007.

Valo perder?

Março 21, 2007

O debut de Capitan Furilo xa no netlabel



Dende Lago, Pontevedra, chega unha nova formación cuxo nome trerá saudosas lembranzas de noite de domingo televisivo a todos aqueles que xa superaran o medio século de vida. Capitán Furilo toman a estética e o nome do chefe da comisaría de Hill Street Blues para baptizar a súa proposta de pop e rock cantado en galego e inglés, manufacturado baixo as influenzas confesas de Yellow Pixoliñas, Rolling Stones, Os Resentidos e Inmaculate Fools.

Coma sempre, máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net.

"Mediados do ano 2006, dous galegos coñécense nun pub céntrico en Dublin. O que nun principio non pasaría máis que dunha simple anécdota, duha pinta e dunha conversación etérea, o encontro deriva nunha auténtica relación de coincidencias que demostran unha vez máis que a pesar do desorde cósmico, o mundo é terriblemente pequeno para o xogo do destino. Un dos tipos é Oscar T. en beca de estudios internacionais debidamente aproveitada para o intercambio de experiencias algunhas máis satisfactorias que outras, o segundo tipo e Mikel P. en viaxe de pracer e visita familiar. A conversación profundizouse o pasar da segunda guinnes e ambolos dous desatan a hilaridade de cuestión comúns. Ambos foron a ambición fracasada dos estudios musicais en conservatorio en beneficio do rock pois levan anos colaborando con grupos formais e informais, aquí e aló, trala denostada experiencia académica. Ambos teñen debilidade por Inmaculate Fools e levan anos indo a festa dos botes de Arzúa. Pero o que realmente cambia o devenir dos acontecementos, é o culto máis profundo e a añoranza máis sensible pola serie de tv canción triste de Hill Street. Xa no avanzado da noite e perdendo a conta etílica, a conversación remata cunha data formal e un local de ensaio como testigo do nacemento dun novo proxecto. Nace Capitán Furilo. Xa de volta en Galicia en apenas uns dias completan a banda e deciden grabar a primeira maqueta. Catro temas baixo influenzas que van dos Resentidos aos Rolling Stones pasando por Yellow Pixoliñas e Inmaculate Fools."

Capitan Furilo son:

Oscar T. bateria e percusións
Mikel P. guitarra e voz
Monkel S. baixo e voz
Ronchi M. guitarra e voz

Radio Oceanica do 18 de Marzo



Xa se pode descargar o programa do último domingo ou escoitalo online na web do programa. Esta semana pasaron polo estudo Javi e Lens de NOUVELLE CUISINE -na foto, pasándoo bomba- que viñeron a apresentar o seu primeiro disco, Autodictado. Ademáis o que sonou foi:

1.-DELUXE – Colillas en el suelo (Fin de un viaje infinito, 2007)
2.-GRINDERMAN – Honey Bee (Grinderman, 2007)
3.-WILCO – Either Way (Sky Blue Sky, 2007)
4.-THE POP GROUP – We are all prostitutes (We are all prostitutes, 1980)
5.-THE SWEAT – Demon Baby (Demo, 2006)

Março 14, 2007

Novo libro no netlabel



Non cesan as achegas literarias, desta volta co libro Cerne, unha escolma de poesía e relatos do ponteareán NENO CONGOXA. Coma sempre máis info e descarga do libro en www.aregueifa.net.

Radio Oceanica do 11 de Marzo



Xa se pode descargar o programa en mp3 ou escoitalo online na web do programa. Esta semana tivemos o privilexio de contar co Nick Drake galego, NARF, que interpretou ao vivo no estudo tres temas do seu vindeiro disco. Ademáis o que sonou foi:

1.-Capitán Furilo - Rosa (Capitán Furilo, 2007)
2.-Just Jack - Stars in their eyes (Overtones, 2007)
3.-Colectivo Oruga - Temptation (Ricos modernos, 2007)
4.-Kaolin - Partons vite (Mélanger les coleurs, 2006)
5.-6PM - Not to be persons (Far from perfect, 2006)

Março 12, 2007

DE OUTRA MARGEM no Netlabel



"Cinco persoas. Catro galegos e un portugués que a música, ou acaso, algunhas afinidades e a amizade fixeron converxer e ten mantido unidos. Os seus nomes: Lorenzo Suárez, Luis Lechuga, Carlos Villanueva, Gustavo Domínguez, Abílio Santos.
Unha man chea de instrumentos: un contrabaixo, unha guitarra acústica, dous saxofóns e algunhas frautas, un acordeón, unha zanfona, un cavaquinho, un cuatro, unha harmónica, un adufe. E voces: para as cancións, que son moitas. Cinco persoas.
De outra margem son un grupo formado por músicos galegos e portugueses adicados a recuperar cancións tradicionais e interpretalas de novo para que non se perdan e poidamos seguilas desfrutando como facían os nósos pais e avós. Esta característica da unión transfronteiriza fai que a súa música teña un son moi particular e especial, algo que tamén conseguen mediante o uso de instrumentación puramente acústica (guitarra, contrabaixo, concertina, cavaquinho...) e voz."

Coma sempre, máis info e descarga do balde do disco en www.aregueifa.net

Março 07, 2007

Ironías do modo aleatorio



Hoxe o modo aleatorio do meu repodutor de mp3 tiña un día irónico e decidiu reproducir seguidas Me casaré cuando me enamore do xenial Francisco Nixon e Tango do Sintasol dos non menos xeniais Ataque Escampe facendo delas un todo, prólogo e epílogo do mesmo relato. Moi interesante a coincidencia sendo dúas cancións que en realidade veñen falar do mesmo, a do asturiano dende a inocencia, a ilusión e o voluntarismo dos comezos e a dos galegos dende a frustración e raiba do fracaso. Dan ganas de facer un machuco coas dúas...

FRANCISCO NIXON - ME CASARE CUANDO ME ENAMORE

Me casaré cuando me enamore
Pero no por miedo, no por miedo
A quedarme solo O sin dinero
Y si me engañan, sabré perdonar
Y si me cuidan podré enfermar
Y si vienen niños, pues Dios proveerá
Y si no hay dinero, pues no habrá dinero
Y si es aburrido, yo lo haré divertido
Me entregaré cuando esté seguro
De que quiero hacerlo, quiero hacerlo
Aunque está cansado de que pase el tiempo

ATAQUE ESCAMPE - TANGO DO SINTASOL

A pena cría no retrete onde fuxo pra non verte.
Miro os soños proxectados nos meus tenis gastados sobre o sintasol.
Os nenos choran na cociña pero o peixe non ten espiñas.
Ti dislles que son necesarios o fósforo e o calcio en perfecto español.
Estasme a quentar a cabeza e estasme a enfriar o corazón.
Non, nunca será así (polo menos para min) o amor.
Eu quixera ser un Oliveira pero a Maga entrou en razón.
Non, nunca será así (polo menos para min) o amor.
E vés pra petarme na porta pero agora intento unha horta:
fago os inxertos precisos antes de que o domingo nos secuestre aos Cantóns.
A xente camiña sen presa, ti fálasme da hipoteca,
da túa nai, do seu reuma,doutra parella que dura e da televisión.
E a noite chega coma tregua para un cabalo e unha egua
ou dous cabalos, dúas eguas, unha, dúas, catro e media (soñemos libres coma bestas).


Radio Oceancia de 4 de marzo



Xa podedes descargar o programa en mp3 ou escoitalo online na web do programa. No programa desta semana reivindicamos o protagonismo da muller na música co gallo do Día da Muller Traballadora e puidemos falar con Martin Wu de The Homens, que nos adiantou algún detalle do primeiro longo da banda que sairá trás o verán. O que sonou foi:

  1. The Homens - Mr. Vai-mal (Tema novo gravado ao vivo)
  2. Au Revoir Simone - Sad Song (The bird of music, 2007)
  3. Nalda - When Nalda became became punk (Tiny noises make tiny music, 2006)
  4. Sevigny - Before the morning comes (Melalcoholic, 2006)
  5. Conxita - Llepo (Amb lletra petita, 2007)
  6. Detour - Divine (Demo, 2006)
  7. Rockz - Relacionamento saudável (Rockz, 2006)
  8. Klaxons - Golden Skans (Myths of the near future 2006)
  9. Nadadora - Escoita a neve cae arredor (Cuentos de Navidad, 2006)
  10. Of Montreal - Suffer For Fashion (Hissing fauna, are you the destroyer 2007)
  11. Telémaco – Yoimiminiyo (Tema novo gravado ao vivo, 2006)

Março 02, 2007

Nouvelle Cuisine rachando esquemas




Os coruñeses Nouvelle Cuisine -grupo revelación do Contempopránea do ano pasado- veñen de autoeditar o seu novo traballo dun xeito moi peculiar. Revolucionario diría eu, xa que fai que cada copia sexa única. Eles explícano moito mellor:

"Tralo éxito de 2006, Nouvelle Cuisine púxose o obxectivo de gravar un disco en 2007. Dado que o modo de gravación, reprodución e difusión da música variou nestes tempos, para o seu novo traballo a idea reside en aumentar o valor simbólico do obxecto en si mesmo, individualizándoo e facendo partícipe ao que o posúe do propio proxecto creativo do grupo.

Así, faranse tiradas de 24 unidades do disco Autodictado, e cada unha delas será un cadro diferente composto por 24 cds, cada un deles numerado dentro da serie. O que adquira un disco deixará o seu nome como propietario dunha parte desa serie (por exemplo, da serie 1 terá o disco a-7) e todo o mundo saberá, a través da web do grupo, que el e só el é o propietario dese disco único e irrepetible."


Podedes escoitar algúns temas do novo disco no seu myspace e seguir o proceso de elaboración artesanal deste discos únicos no seu fotolog.

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados