Maio 29, 2007

O novo EP de Quant xa no netlabel



Xa está aqui In It for the Fun, o novo EP dos ferroláns Quant. Catro temas novos e unha versión moi especial agardan impacientes para ser descargados e balde en www.aregueifa.net

Radio Oceanica de 6 de maio



E continuamos poñéndonos ao día, xa queda menos. Podedes descargar o programa daquela semana en mp3 ou escoitalo online na web de Radio Oceánica. Naquela ocasión -no que o tripulante que acompañou a Vincent Jalo foi Gustavo Harvey- viñeron os Guezos a apresentar o seu recente compilatorio e ademais o que sonou foi:

1.-Projecto Mourente – Corpiño Xeitoso (Disco tributo a ADB, 2007)
2.-Damero – Gestern Morgan (Happy in Grey, 2007)
3.-S0ma – Pele (S0ma, 2006)
4.-Lonely Dear – I am John (Lonely Noir, 2007)
5.-Dr Funkstein – Bon rollo (Toda la noche, 2006)

Maio 28, 2007

HOMENAXE NA TVG



Inicialmente a gala de homenaxe que se gravou o pasado 15 de maio ía ser emitida ben entrado o verán. Finalmente parece ser que se vai emitir na TVG este sábado -2 de xuño- imaxino que á noite. Unha magnífica nova tendo en conta que o disco tributo sae este luns...

Maio 25, 2007

Radio Oceanica de 29 de Abril



Seguimos poñéndonos ao día. Xa está subido o podcast daquela semana á web do programa. Nesa ocasión o tripulante que acompañou a Vincent Jalo foi Leónidas Breznev e viñeran os Samesugas a apresentar a edición en vinilo do seu Alá vai!. Ademais o que sonou foi:

1.-NOVEDADES CARMINHA – I love catholic girls (Demo, 2007)
2.-LOS PLANETAS – Si estaba loco por ti (La leyenda del espacio, 2007)
3.-NOISE PROJECT – Máxico lugar (Teleclube, 2007)
4.-RUXE-RUXE – Macacos (Comercial, 2006)

O ska-punk celta de CENK en www.aregueifa.net



Dende a Confederación Helvética chega Canari Esquimau de Nonante Kilos dos CENK, unha banda de ska-punk celta moi vencellada a GZ. Máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net

Maio 24, 2007

O INDIE COM BIGODE!



A tira de banda deseñada que fai mensalmente Miguel Barreiro para Sono-Tone xa está pronta. Se aínda non descubristes a este xa mítico personaxe non sei a que estades agardando.

Maio 22, 2007

SANATORIO no Netlabel



Xa podedes ver e/ou descargar esta curtametraxe de Jacobo Paz en www.aregueifa.net

"O interese polo cine dun grupo de rapaces con discapacidade intelectual levou á educadora social Elena Álvarez a desenvolver un proxecto de aprendizaxe transversal que empregase a creación audiovisual como un método para fomentar o desenvolvemento da autonomía en persoas con necesidades de apoio.
Sanatorio é a segunda curtametraxe que se realiza na Asociación Aspronaga da Coruña como parte desta labor de integración social. Jacobo Paz, dramaturgo e guionista de series de televisión como Pratos combinados ou As leis de Celavella, reuniuse cos diminuídos psíquicos para que lle explicasen que tipo de historias lles gustaban e que clase de personaxes lles gustaría interpretar. As preferencias destes rapaces estaban orientadas cara o cine de terror e as películas de suspense.
Para facer viábel o proxecto foi necesario idear historias que acontecesen nas instalacións de Aspronaga. Froito deste traballo xurdiron dúas curtametraxes. A primeira foi Masacre, subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e dirixida por Juan de Oliveira. A segunda é Sanatorio, fotografada e editada por Jesús Cao. A curta conta cunha banda sonora na que colaboraron de forma desinteresada os galegos Fanny + Alexander e o grupo de rock Instiga, de São Paulo. Sanatorio quere provocar a reflexión dos que constrúen o futuro esquecendo o pasado."

Radio Oceanica de 22 de Abril



O programa non se interrompera nas ondas de Radio Galega Música pero si no servidor da CRTVG por un erro técnico. Xa está amañado e ao longo desta semana iremos subindo os podcasts dos programas que faltan á web do programa e a Itunes. Xa está subido o programa da semana do 22 de abril -no que o tripulante que acompañou a Vincent Jalo foi Daniel Salgado- e o que sonou foi:

1.-Ataque Escampe – Pra che falar de amor (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)
2.-Astrud – El vertedero de Sao Paulo (Tu no existes, 2007)
3.-Triangulo de Amor Bizarro - El himno de la bala (TAB, 2007)
4.-Dandy Fever – Debulla meu (Demo, 2006)
5.-Los Españoles – Morriña (EP, 1968)
6.-Bonnie 'Prince' Billy - Cursed sleep (The letting go, 2006)
7.-Scott Walker - Cosacks are (The Drift, 2006)
8.-The Blows – Damn 80s hooker (Demo, 2006)
9.-Patti Smith - Helpless (Twelve, 2007)
10.-Victor Aneiros Band – Prestige Blues (O blues do amencer, 2006)

Maio 17, 2007

The Rexurdidos, revisionismo pop



Hoxe, 17 de Maio, Día das Letras Galegas, apreséntanse formalmente The Rexurdidos, unha nova banda adicada ao revisionismo sonoro dos clásicos da música galega das últimas catro décadas. Aínda que o seu debut non sairá até despois de verán xa podedes escoitar catro dos temas (os megaclásicos Aí ven o Maio de Luis Emilio Batallán, Sementeira de Fuxan os ventos, Can de Palleiro de Bibiano e Compañeiro Daniel de Suso Vaamonde) que farán parte dese disco no seu Myspace: www.myspace.com/rexurdidos

Projecto Mourente ao vivo



Para tod@s @s que non pudestes asistir a esta cita coa historia da música galega aqui van un par de videos:


Projecto Mourente - Como os caranguejos


Projecto Mourente - Mais heteros (que os heterossexuais)

Maio 16, 2007

Está acontecendo, estámosllo contando

Apenas hai unhas horas que rematou a gala de homenaxe a Andrés Do Barro que tivo luga onte no Teatro Jofre de Ferrol -magnificamente conducida por Luis Tosar e Andrea Lapique, filla do homenaxeado- e como non podía ser doutra maneira nos tempos que corren xa hai algun que outro video das actuacións no noso querido Youtube. A calidade non é grande cousa e o plano picado -case a vista de paxaro- non axuda pero xa que o programa non se emitirá na TVG até o verán ven ser un bon petisco para todos os que non pudestes asistir

Tamén tedes unha crónica do evento da man de Gustavo Harvey AKA Moderno de Merda aqui.

Aqui van os videos logo:


Ataque Escampe - Pra che falar de amor


Nouvelle Cuisine - Pandeirada


Ugia Pedreira - Teño Saudade

Maio 13, 2007

Video(machucos) Dobarristas



Andrés Do Barro vs. The Beatles



Andrés Do Barro vs. Iggy Pop

Por obra e graza de Ultra-Marinho. E coma non só de videomachucos vive o dobarrista aproveitamos que hoxe ten lugar no teatro Jofre de Ferrol a grande gala de homenaxe a ADB para resubir -por cortesía de Sono-Tone que levaban un tempiño caídos- todos os machucos AKA mash-ups manufacturados por Vincent Jalo e Ultra_Marinho e que soaron no Extrarradio da Radio Galega ao longo do ano 2006. Que non ten moito que ver? Vai ser que si porque entre eles estaban un par elaborados a base de temas de Do Barro, Pois eu e O Tren. E xa postos a subir incluimos dous machucos dobarristas máis -un contra Beck e outro contra Ghamberros- a modo de bonus tracks. Aqui están os 26 machucos en mp3:

  1. -Violent Femmes "Blister in the sun" vs Andrés Do Barro "O tren"
  2. -Beck "Loser" vs Andrés Do Barro "Saudade de ti"
  3. -Andrés Do Barro "Pois eu" vs Iggy Pop "Lust for life"
  4. -Ghamberros "Ke non pare" vs Andrés Do Barro "Vou a Bueu"
  5. -Projecto Mourente "Como os caranguejos" vs Dandy Warhols "Bohemian like you"
  6. -AC/DC "Back in black" vs Jose Afonso "Grândola vila morena" vs Suzanne Vega "Tom's dinner"
  7. -The White Stripes "Seven Nation Army" vs Edilberto Alonso "Galicia será nación"
  8. -Beyoncé "Crazy in love" vs Diplomáticos de Monte Alto "Vivir na Coruña"
  9. -As Garotas da Ribeira "Eu quero quererte" vs "Missy Elliot "Get your freak on"
  10. -Marilyn Manson "Disposable teens" vs Nadadora "12:01 AM"
  11. -Deluxe "Que no" vs Cher "Believe"
  12. -Siniestro Total "Miña terra galega" vs Primal Scream "Jailbird"
  13. -Red Hot Chilli Peppers "Dani California" vs Markinhos Drinkin "O iogur de fresa"
  14. -Skornabois "Pesoume" vs Rage against the machine "Killing in the name of"
  15. -The Homens vs Velvet underground vs Blur
  16. -Massive Attack "Teardrop" vs Luz Casal "Negra Sombra"
  17. -Los Suaves "Dolores se llamaba Lola" vs U2 "With or without you"
  18. -Madonna "Hung up" vs Xil Ríos "Xirarei"
  19. -Chemical Brothers "Block Rockin' Beats" vs Os Resentidos "Manda carallo"
  20. -Tone Loc "Funky Cold Medina" vs Amancio Prada "Adios rios, adios fontes"
  21. -Portishead "Numb" vs Os Tamara "Unha noite na eira do trigo"
  22. -Eduardo Blanco Amor "Hino Galego" vs Bob Sinclair "Love Generation"
  23. -Nirvana "Smells like teen spirit" vs Fuxan os ventos "Sementeira"
  24. -The Ramones "Blitzkrieg Bop" vs Luis Emilio Batallán "Quen puidera namorala"
  25. -Outkast "Hey ya" vs A Roda "Pousa, pousa"
  26. -The Clash "Guns of Brixton" vs Rapahel "Divina"

Maio 08, 2007

Dobarrismo (XVIII)



En resposta aos moitos email presionando para retomar esta sección con máis escaneos de revistas da época aqui vai esta reportaxe aparecida na revista FOTOGRAMAS en 1971. Unha entrevista feita nada menos que por Angel Casas na que fala entre outras cousas das súas trifulcas con Juan Pardo, das 1.500 cartas semanais que recibe dos fans, dos seus desafines e problemas co directo, dos seus proxectos en ultramar e do porqué de cantar en galego. Para que logo digan algúns que era un produto do Regimen:

"Yo no busco el éxito ni creo que cantar en gallego sea una cosa segura (...) Mira, en mi tierra el gallego está considerado un idioma para el proletariado. Yo he pretendido, con mis canciones, luchar para que desparezca esta imagen de menosprecio hacia mi lengua. Quiero demostrar que no es solo un idioma para los humildes, y, asimismo, que la gente humilde vea que con la lengua que habla se pueden cantar cosas alegres y de hoy"


Premede na imaxe de abaixo para vela a alta resolución e poder ler a entrevista íntegra:

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Video promocional do aguardado debut...



de Projecto Mourente sobre as táboas. Por obra e graza de Gustavo Harvey AKA Moderno de Merda.

FESTA DE PRESENTACIÓN DO FESTIVAL ROCK EN COSTA 2007

Projecto Mourente
The Homens
Los Ruínes

Sala Nasa, Santiago D.C. 16 de maio. 21.30 h.
Entrada 8€ / Adiantada 6€ / Socios da Asociación Xurásica 4€
Entradas á venda en Bar Tolo, A Reixa Tenda, Discos Gong e Bar La Estrada

Maio 07, 2007

Projecto Mourente ao vivo



Unha das máis antigas e históricas reclamacións do Pobo Galego vai ser satifeita por fin: poderemos ver a Projecto Mourente subido nas táboas. O histórico evento terá lugar o vindeiro mércores, 16 de maio, na sala NASA de Compostela en boa compaña, nada menos que The Homens e Los Ruines.

Entradas para NyP e 6PM



Comeza hoxe en Sono-Tone o sorteo de cinco entradas para o concerto de 6PM e Niño y Pistola deste venres. Podedes participar mandándolles un email indicando o voso nome e apelidos.

Maio 04, 2007

Petiscos dobarristas



Para que o mes de espera até que saia o disco tributo se faga máis levadeiro aqui van estes dous petiscos, Projecto Mourente facendo Corpiño Xeitoso e The Policarposound Inc. revisando San Antón. Os dous videos, por certo, feitos polos propios grupos seguindo o espirito Do It Yourself do propio disco xa que aínda que vai ser editado comercialmente por unha discográfica as versións foron gravadas polos grupos dende a máis absoluta autoxestión. Aínda máis mérito.



PROJECTO MOURENTE - Corpiño xeitoso



THE POLICARPOSOUND INC. - San Antón

Maio 02, 2007

Dobarrismo en disco doble



Xa hai data de saída do Disco Tributo a Andrés Do Barro. Finalmente será o 5 de Xuño, en formato digipack triple -aínda que o disco será doble- e estes serán os 30 grupos que finalmente participan:

  1. Niño y Pistola - O tren
  2. Boy Elliott - Por non poder
  3. Ataque Escampe - Pra che falar de amor
  4. Quant - Pois eu
  5. Annie Hall – Pum
  6. Nouvelle Cuisine – Pandeirada
  7. NARF - Noite de estrelas
  8. Todo el largo verano - Quiero hacer mi casa en el cielo
  9. Nalda - As namoradiñas
  10. Os da Ría - Me estoy volviendo loco
  11. Los Huespedes Felices - Hoxe voltei pra casa
  12. Tesouro - Corpiño Xeitoso
  13. Jules, Jim & Catherine – San Antón
  14. The Rexurdidos – Fogar de Breogán
  15. Ectoplasma - Salgueiro
  16. Elodio y los seres queridos - O tren
  17. Projecto Mourente - Corpiño xeitoso
  18. 6PM – Llorar por llorar
  19. Fanny + Alexander (con Andrea Lapique) - Meu amor
  20. The Homens - Con máis amor
  21. Safari Orchestra - Teño saudade
  22. Samesugas – Homes
  23. Zimmer103 - O meu pequeno pobo
  24. Iribarnes - Maruxiña
  25. Colectivo Oruga - Un pouquiño de mambo... ou asi
  26. Leo i Arremecághona!!! i o Kolhós - Vou a Bueu
  27. Hanom Ausse - A uns ollos verdes
  28. Noise Project – Rapaciña
  29. Misquious - Adeus, adeus
  30. The Policarposound Inc. - San Antón

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados