Junho 28, 2007

Maria Lado con Fanny+Alexander - Berlin (2007)



O spoken word é un xénero híbrido no que se unen recitados de textos (poesía, prosa ou prosa poética) con música concibida única e exclusivamente para acompañar a esas palabras. No spoken word o texto é o protagonista, pero a música convértese nun elemento indisolúbel, sen o que a palabra non ten o mesmo sentido. Esta corrente foi popularizada nos anos 60 por algúns membros da xeración beat como William Burroughs ou Allen Ginsberg e continuada por artistas como Laurie Anderson, Lydia Lunch, Lee Ranaldo de Sonic Youth, Richard Hell, Patti Smith ou Lou Reed.

O primeiro audiobook publicado no netlabel A REGUEIFA PLATAFORMA chega da man de MARIA LADO, que leva o seu poemario BERLIN ao terreno do spoken word con música de FANNY+ALEXANDER composta para a ocasión.

Máis info e descarga do audiobook en mp3 e o e-book en .pdf en www.aregueifa.net

Junho 27, 2007

De quen carallo é a sintonía de Radio Oceánica?



Ante os moitos emails neste sentido desvelamos por fin o misterio: a sintonía é "Lex", un tema dunha formación neoiorquina chamada RATATAT. Neste video podedes velos interpretando a "sintonía de Radio Oceánica" nada menos que no Guggenheim de NY ;-)

Junho 26, 2007

Os Resentidos - Jei (1990)



Houbo un tempo -non moi lonxano- en que na lista dos mellores discos estatais do ano o primeiro estaba cantado integramente en galego, o segundo en castelán e o terceiro en euscara. Premede na imaxe para vela a alta resolución:

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Nesa mesma revista -a Rock de Lux de xaneiro de 1991- aparecían reportaxes sobre Galaxie 500, The Fall, os Ramones e -a tres páxinas- Os Resentidos. Premede nas imaxes para lela:

Free Image Hosting at www.ImageShack.us Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Radio Oceánica pasa a Radio Galega durante o verán



Por fin nos puxemos ao día e sincronizamos a emisión hertziana coa subida dos podcasts á web do programa. Por certo que a partires de agora Radio Oceánica pasa de 60 a 90 minutos de duracion polo que o horario de emisión será de 21,30 a 23,00 horas todos os domingos. Ademais durante os meses de verán emitirase na Radio Galega no canto de en Radio Galega Música.

No programa deste domingo, 24 de xuño -co amigo Gustavo Harvey acompañando ao Vincent Jalo- contamos coa presenza dunha das bandas galegas máis prometedoras, 6PM. Ademáis o que sonou foi:

1.-Armadillo – Domingo Beat (Demo, 2007)
2.-Architecture in Helsinki – Heart it Races (Places like This, 2007)
3.-Volver – Tao perto, tao certo (Tao perto, tao certo, 2007)
4.-Art Brut – Pump up the volume (It's a Bit Complicated, 2007)
5.-Sevigny – Waiting for this look (Melalcoholic, 2006)

Junho 20, 2007

Festival ArteNativa



Nestes tempos de sobresaturación macrofestivaleira resulta cada vez máis evidente que os que máis se desfrutan son aqueles nos que non hai grandes masas e o número de grupos que tocan se poden contar cos dedos das mans. É o caso de ArteNativa, un novo festival que terá lugar este verán -10 e 11 de agosto- na moi estratéxica vila de Valga -a medio camiño de todas partes- con un cartaz case exclusivamente galego, o que indica claramente por onde van os tiros. Non sería estraño que este festival rematara sendo o festival de referencia da escena pop galega, unha especie de Contempopránea galego. Até hai grupo convidado portugués. Aínda por riba este vai ser gratuito e con zona de acampada -ben fermosa, a carón do río- tamén de balde. Polo de agora os grupos que están confirmados -aínda se agrada algún máis- son:

VENRES 10 DE AGOSTO:
- O Leo i Arremecághona!!!
- Noise Project
- Veados Com Fome
- The Middle Brains
- DJs

SÁBADO 11 DE AGOSTO:
- Triángulo de Amor Bizarro
- 6pm
- Nadadora
- The Homens
- DJs

Radio Oceanica de 3 de xuño



Esta semana contamos con sincronizar os ritmos da subida dos podcasts coa emisión hertziana. O último podcast subido é o do 3 de xuño -co amigo Daniel Salgado acompañando ao Vincent Jalo-, un programa no que contamos coa presenza de Niño y Pistola que viñeron apresentar a edición en vinilo do seu debut. Ademáis o que sonou foi:

1.-Quant – Marta, It won't Last Long (In It for the Fun, 2007)
2.-Howe Gelb – (Sno Angel like You, 2006)
3.-Jeff Buckley – So Real (So Real Songs from Jeff Buckley, 2007)
4.-Emilio Rua - Vida miña (Vida miña, 2006)
5.-Tim Buckley – Buzzin Fly (Happy Sad, 1969)

Junho 08, 2007

NOISE PROJECT debutan en A Regueifa Plataforma



NOISE PROJECT - TELECLUBE (2007)

A vocación vangardista vencellada ao compromiso coa nosa língua tivo dous referentes indiscutíbeis na historia da nosa música: a finais dos 70 cos composteláns N.H.U. e nos 80 con Os Resentidos de Antón Reixa. Dende Valga chega agora Noise Project, un sexteto que se move entre o post-rock e a querencia máis desacomplexada polo noise. Os seus referentes van dende Sonic Youth a Pavement, pasando por Mogwai, Explosions in the Sky, Godspeed You Black Emperor!, The Jesus & Mary Chain, o shoegaze ou os propios N.H.U. Unhas referencias máis que palpábeis neste "Teleclube", un debut composto por nove temas nos que a vocación arty e experimental non está rifada co sentido do humor e a máis absoluta modestia sobre e baixo as táboas.

1.-Máxico Lugar
2.-III
3.-O bronceado de Zaplana
4.-Marcial
5.-II
6.-A pedra de afiar
7.-Rapaciña
8.-A aposta
9.-I

Máis info e descarga do balde do disco en www.aregueifa.net


Junho 05, 2007

Hoxe xa nas tendas



"Os grupos de pop galego piden paso, e queren entrar pola porta grande. E que mellor xeito de facelo que rendéndolle tributo ao icono do xénero no país: o ferrolán Andrés do Barro, pioneiro á hora de colar un tema no noso idioma no máis alto das listas de éxitos do estado con O Tren. Un sopro de aire fresco para a súa época, e un sopro de aire fresco no panorama musical actual, coa revisión dos seus temas máis laureados a cargo de trinta bandas da emerxente escena galega."

Máis info en dobarrismo.com

CD1

ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS
01. O Tren
PROJECTO MOURENTE
02. Corpiño Xeitoso
6PM
03. Llorar por llorar
FANNY + ALEXANDER
04. Meu Amor
THE HOMENS
05. Con máis amor
SAFARI ORCHESTRA
06. Teño saudade
SAMESUGAS
07. Homes
ZIMMER 103
08. O meu pequeno pobo
LOS IRIBARNES
09. Maruxiña
COLECTIVO ORUGA
10. Un pouquiño de mambo... ou así
THE POLICARPOSOUND INC.
11. San Antón
LEO I ARREMECAGHONÁ!! O KOLHOZ
12. Vou a Bueu
HANOM AUSSE
13. A uns ollos verdes
NOISE PROJECT
14. Rapaciña
MISQUIOUS
15. Adeus, adeus

CD2
NIÑO Y PISTOLA
01. O tren
BOY ELLIOT & THE PLASTIC BAGS
02. Por non poder
NARF
03. Noite de estrelas
ECTOPLASMA
04. Salgueiro
ATAQUE ESCAMPE
05. Para che falar de amor
QUANT
06. Pois eu
ANNIE HALL
07. ¡Pum!
NOUVELLE CUISINE
08. Pandeirada
NALDA
09. As namoradiñas
OS DA RÍA
10. Virando louco
LOS HUÉSPEDES FELICES
11. Hoxe voltei para a casa
TESOURO
12. Corpiño xeitoso
JULES, JIM & CATHERINE
13. San Antón
TODO EL LARGO VERANO
14. Quiero hacer mi casa en el cielo
THE REXURDIDOS
15. Fogar de Breogán

Homenaxe a Andres do Barro da TVG

A semana que ven os que faltan ;-)


Luis Tosar - Corpiño xeitoso


Ataque Escampe -Pra che falar de amor


Quant - Pois eu


Ugia Pedreira - Teño saudade


Nouvelle Cuisine - Pandeirada


Faltriqueira - Un pouquiño de mambo... ou asi


Emilio Rúa - Miña Maruxa


Luis Tosar - Vou a Bueu

Junho 04, 2007

SKORNABOIS - O Verme Homicida (1996)



Na sección de VELLAS MUSICAS do netlabel A REGUEIFA PLATAFORMA recuperamos o disco co que debutaron Skornabois en 1996, orixinalmente editado só en fita e que dá o salto agora do analóxico ao mp3 sen pasar polo maldito CD. Aos oito temas orixinais engádese coma bonus track Planta-te!, o último tema que gravou a banda antes da súa disolución.

Máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net

Junho 03, 2007

Radio Oceanica do 20 de maio



O programa desa semana xirou aorredor do Dobarrismo máis fanático e Vincent Jalo falou coa viguesa Nalda -na foto-, unha das participantes nese disco tributo. O que sonou foi:

1.-Elodio y los seres queridos – O tren (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)
2.-6PM – Llorar por llorar (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)
3.-Quant – Pois eu (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)
4.-Fanny + Alexander – Meu Amor (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)
5.-Iribarnes - Maruxiña (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)
6-Nalda – As namoradiñas (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)
7.-Andee Silver – Teño Saudade (Teño Saudade, 1971)
8.-Ectoplasma - Salgueiro (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)
9.-Safari Orquestra – Teño Saudade (Disco Tributo Andrés Do Barro, 2007)

Radio Oceancia de 13 de maio



Xa queda pouco para estar ao día coa emisión hertziana. No programa desa semana -no que o tripulante que acompañou a Vincent Jalo foi o Sak- viñeron Colectivo Oruga a apresentar o seu recente disco, Ricos modenos. Ademais o que sonou foi:

1.-Nadadora – Tú y cuantos como tú (Hablaremos del miedo, 2007)
2.-Bjork – Earth Intruders (Volta, 2007)
3.-Cocorosie – Rainbow Warriors (The Adventures of Ghosthorse and Stillborn, 2007)
4.-Low – Always fade (Drums and Guns, 2007)
5.-Galegoz – Igreja Catódica (Revolution Dance, 2007)

Junho 01, 2007

NADADORA Hablaremos del miedo (2007)



NADADORA
Hablaremos del miedo
(Jabalina, 2007)


(...) Un bon indicador do nivel de reivindicación e actualidade de grupos xa desaparecidos soe ser o prezo que acadan as súas obras maiores no mercado de vinilo usado na edición orixinal. No caso de Slowdive a cousa vai dende os 60 euros do Souvlaki aos máis de 100 de Pygmalion polo que cumpre deducir que o seu legado debe estar ben presente na escena actual dun xeito ou outro. Efectivamente nos últimos anos vimos asistindo a un pequeno revival do shoegazing, con bandas tan dispares coma os suecos The Radio Dept. ou os ianquis Fleeting Joys. Pero xa e 2003 nunha pequena vila da fin do mundo andaban uns rapaces argallando unha banda que partía dos postulados estéticos dos de Reading para dar forma a unha fórmula de pop saudoso, reverberado e cun xogo de voces -as de Sara e Gonzalo- que lembraba feliz e irremediábelmente ao de Neil Halstead e Rachel Goswell. Eran Nadadora e viñan do Grove (...)

Texto completo en Sono-Tone

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados