Julho 23, 2007

KOMUNIKANDO TV #3



Xa está na rede a terceira entrega do único programa de televisión adicado exclusivamente á escena musical galega.

Julho 19, 2007

ArteNativa 2007



E que sexa o primeiro de moitos.

http://www.myspace.com/artenativa

Julho 09, 2007

O indie com bigode ataca de novo



Miguel Barreiro agasállanos cunha nova entrega do Indie com bigode en SONO-TONE. A temática desta volta é ben acaída para esta época, de sobresaturación de concertos e festivais nos que a maioría das veces a troula remata sendo máis importante que a propia música. Porque... que non foi algunha vez a un festival e rematou sen ver a nen un só grupo?

Radio Oceánica do 1 de xullo



Estreamos o novo horario -domingos de 21,30 a 23,00h- e frecuencia, a de Radio Galega, coa presenza de Carlos Valcárcel, non na condición habitual de tripulante do programa -baixo o alcume de Touvilhe- senon na de artista coma Projecto Mourente. Xa podedes baixar o podcast na web do programa. Ademáis o que sonou foi:

1.-Aíd – TF (Aqui Teneis, 2007)
2.-Arctic Monkeys – Fluorescent Adolescent (Favourite Worst Nightmare, 2007)
3.-Noise Project – Marcial (Teleclube, 2007)
4.-Bright Eyes – Make a plan to love me (Cassadaga, 2007)
5.-Sonhos – Eu non sei (A polo ghit, 2007)
6.-Tulsa – Seguramente me lo merezco (Solo me has rozado, 2007)
7.-Jimmy Sommerville – It still hurts (Home again, 2006)
8.-Pet Shop Boys - 20th Century (Fundamental, 2007)
9.-Erasure – I could fall in love with you (Light at the end of the world, 2007)

Julho 05, 2007

MANOS DE TOPO - Ortopedias Bonitas (2007)



MANOS DE TOPO
Ortopedias bonitas
(La colazione, 2007)

Hai tres e catro décadas Barcelona era un dos epicentros da música galega. Artistas emigrados coma Xetxu -co seu psych-rock en galego-, Miro Casabella –coma embaixador de Voces Ceibes- ou mesmo unha xoven Ana Kiro en plan ye-yé tiñan boa culpa desta especial dislocación. Isto, sumado ao feito de que case todos os discos galegos importantes da época se gravaban na cidade condal –con abundantes colaboracións de músicos de estudo cataláns da escena progresiva- fixo que se creara un vencello musical invisíbel entre as dúas pontas da península ibérica que, polo que parece, aínda existe. Se en 2006 eran Catpeople –vigueses residentes en Barcelona- os que daban a sorpresa co seu debut Reel #1 este 2007 pertence por dereito propio a unha das propostas máis orixinais aparecidas no pop estatal nos últimos anos, Manos de Topo.
Manos de Topo son un moi peculiar cuarteto galaico-catalán formado por dous mediterráneos –ao baixo e á voz e guitarra- e dous atlánticos –á batería e ao xilófono e Casio Pt-1-. E digo moi peculiar porque a súa proposta é –coma soe acontecer cos artistas que enchoupan xenialidade en todo o que tocan- das que amas ou odias, sen termo medio posíbel. Os primeiros trinta segundos de escoita de calquera –insisto, de calquera- dos doce temas –máis un oculto- que fan parte do seu debut Ortopedias Bonitas son de desconcerto total. Están de carallada ou van en serio? O que canta é Robert Smith pasado de fariña ou un fillo ilexítimo de Germán Coppini? Realmente acaba de cantar “nunca pude igualar a tu vibrador”? Pois si, todo iso é máis (...)

O artigo completo en SONO-TONE

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados