Setembro 17, 2007

Nadadora - Tu y cuantos como tu

Tu y Cuantos como tú


Os grovenses estrean videoclip, dirixido por certo por Rafa Arcos, batería dos xeniais Manos de Topo.

Moondogs Blues Party en www.aregueifa.net



O futuro do blues galego ten nome propio, MOONDOGS BLUES PARTY. O seu incríbel debut, O cadelo lunático, chega ao netlabel precedido dunha morea de premios e recoñecementos. Máis info e descarga do disco en www.aregueifa.net

Moondogs Blues Party non nasce cunha ambición maior que a que se pode percurar coa masturbación persoal, isto é, ten un ponto de curiosidade á vez que de intimismo, de mero pracer propio e sobre todo de procura, de experimentación necesaria, esa curiosidade inherente ao espírito dinámico daquel que compón as súas cancións.
Detrás da música de Moondogs Blues Party non hai ensaios, nen gravacións infinitas, todo soa como a primeira vez que é tocado. Pode que non posúa unha grande pureza técnica ou soe cunha moderna sofisticación musical. Tampouco anda detras dela. É algo fresco e efémero, sentido e perdido, que non podería repetirse, é case como unha relixión na que Thelonius Monk é o pastor.
A música de Moondogs Blues Party é unha procura constante, un camiñar sen cesar, trens que se perden e amores que non voltarán, o paso pola vida, pola sociedade, o sexo, o pacto co mal, a morte, a escravitude... todo baixo a influenza dos grandes do xénero, dende Muddy Waters e Rory Gallagher a Tom Waits, pasando por Paul Butterfield Blues Band e JJ Cale.
Actualmente a banda está composta por Javier Prado (guitarra e voz), Kevin Traba (batería), Javier Campello (guitarra e voz), Iria Novo (baixo), Klaus Martin (trompeta) e Alicia Val (frauta traveseira).

Setembro 13, 2007

ZUMBIDO - Gax (2007)


ZUMBIDO
Gax
(O caixón do xastre, 2007)

Ben mirado o impacto do grunge na Galiza foi ben limitado. Non é que formacións coma Alice in Chains, Soundgarden, Stone Temple Pilots ou Nirvana non foran populares por estas terras, ao contrario, pero o certo é que naquel tempo poucos grupos galegos asumiron a súa estética musical plenamente. Unha desas bandas foron os coruñeses Zumbido, xuntos dende 1998, que se ben comezaron nunha liña máis punk foron quen de superar todas as modas musicais da última década e conservar a esencia do son que máis os influiu nos seus comezos, sen dúbida o de Seattle. O curioso do asunto é que esta estoica resistencia os convirte nunha banda que vai varios anos por diante do que se está a facer hoxe en día, xa que o revival grunge está á volta da esquina e a liña que separa o retro do antigo é ben fina. Todo un exemplo de que, incluso no musical, resistir é vencer (...)

O artigo completo en Sono-Tone

Setembro 10, 2007

Fanny + Alexander - Danzarei para ti (se botas outra moeda)



O segundo disco longo de Fanny + Alexander verá a luz finalmente este mes de outubro. Baixo o título de "Finais dos 70s, comezos dos 80s" agóchanse nove temas -sete propios e dúas versións, de Fuxan os Ventos e The Smiths- nos que continuan o vieiro iniciado no seu debut -Lusco e Fusco- mesturando pop, electrónica, rock, hip-hop e música tradicional galega. As letras serán, de novo, adaptacións de obras de poetas galegos, dende Elvira Riveiro a Pilar Pallarés pasando por Daniel Salgado, Carvalho Calero e Lois Pereiro.

O primeiro single, Danzarei para ti (se botas outra moeda), xa pode escoitarse no seu Myspace, mirarse en Youtube e e descargarse en mp3.

Catpeople - Behind

"Behind" CatPeople




Estudar cinema e tamén facer música é o que ten, que logo che saen uns videos tan feitos que serían a envexa de Leni Riefenstahl.

Setembro 05, 2007

TAB - El himno de la bala

Triangulo de amor bizarro



Por se non tiñan suficientes fans van e fan este videoclip tan friqui. A estética de tuno-sinistro é o que se vai levar este outono de seguro...

Sono-Tone está de volta



A nova tira do Indie com Bigode non podía expresar mellor ese sentimento que produz a fin do verán e a volta á normalidade. Sono-Tone is back in town!

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados