Outubro 29, 2007

Xa está aqui o novo de Fanny + Alexander



Os composteláns Fanny + Alexander voltan con "Finais dos 70s, comezos dos 80s", un segundo traballo no que de novo estenden os límites do pop galego a base da mestura desacomplexada de estilos, tradicións e sensibilidades. Nos doce temas que fan parte do disco o dúo deixa poucos paus contemporáneos sen tocar, dende o pop electrónico de "María Silenzo", "Amei-te tanto" ou "Funcionaria ou estudante" até o ton New Wave de "Danzarei para ti... se botas outra moeda", pasando por experimentos coma "Postpunkdeirada" -un tema que ven ser un novo estilo musical en sí mesmo- ou "Cando eu era mozo", unha boutade en clave R n' B que soa coma o faría Timbaland se tivese o seu estudo nunha palloza do Cebreiro e no que participa coma convidado estelar Carlos Valcárcel AKA Projecto Mourente.

Continuando coa liña iniciada no seu debut, Lusco e Fusco, as letras de todos os temas son adapatacións de obras de poetas galegos (María do Cebreiro, Lois Pereiro, Daniel Salgado, Ricardo Carvalho Calero, Elvira Riveiro, Pilar Pallarés e Minus Bálido Rodriguez), incluindo ademáis coma bonus track "Berlín", o spoken word de María Lado musicado polo grupo, asi coma dúas remesturas a cargo de Projecto Mourente e unha peculiar versión de The Smiths.

O disco, que chegará no seu formato físico a todas as tendas esta mesma semana, pódese mercar xa online en www.trastenda.com e/ou descargar de balde en www.aregueifa.net

Coincidindo coa saída do disco estrean ademais un novo videoclip, "Amei-te tanto":

Outubro 26, 2007

Roger de Flor - Canciones de amor y retranca



A REGUEIFA PLATAFORMA edita Canciones de amor y retranca de ROGER DE FLOR, alcume trás o que se agacha o ferrolán Rogelio Arias xunto con Sergio Galego, sete temas que van do pop ao swing e reivindican a vixencia do crooner menos clásico.

Máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net

Outubro 25, 2007

The Bronxson Project - Vol. 2 (2007)



Chega a A REGUEIFA PLATAFORMA Vol. 2, o primeiro traballo dos vigueses THE BRONXSON PROJECT, un quinteto que toca case todos os paus da música negra americana bebendo da estética dos 70s.

Máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net

Outubro 22, 2007

Fanny + Alexander e The Homens na NASA


O vindeiro venres, 2 de Novembro, o pop galego ten a súa particular festa co concerto de presentación dos novos discos de The Homens e Fanny + Alexander. As once xoias power-pop que fan parte de "Tres" sairon á rúa o pasado día 15 mentres que as once alfaias de pop electrónico de "Finais dos 70s, comezos dos 80s" chegarán o día 29 deste mesmo mes, ambolosdous discos editados baixo licenza Copyleft tanto dixital coma físicamente. A cita será ás 22,00 h. na sala NASA de Compostela.

Máis info en:

http://www.thehomens.com/
http://www.myspace.com/fannyealexander

Outubro 18, 2007

6PM - Vista





Ou cando as imaxes son tan fermosas coma a música que acompañan.

Outubro 09, 2007

Fanny + Alexander - Finais dos 70s, comezos dos 80s



Os composteláns Fanny + Alexander voltan con "Finais dos 70s, comezos dos 80s", un segundo traballo no que de novo estenden os límites do pop galego a base da mestura desacomplexada de estilos, tradicións e sensibilidades. Nos once temas que fan parte do disco o dúo deixa poucos paus contemporáneos sen tocar, dende o pop electrónico de "María Silenzo", "Amei-te tanto" e "Funcionaria ou estudante" até o ton New Wave de "Danzarei para ti... se botas outra moeda", pasando por experimentos coma "Postpunkdeirada" -un tema que ven ser un novo estilo musical en sí mesmo- ou "Cando eu era mozo", unha boutade en clave R n' B que soa coma o faría Timbaland se tivese o seu estudo nunha palloza do Cebreiro e no que participa coma convidado estelar Carlos Valcárcel AKA Projecto Mourente.

Continuando coa liña iniciada no seu debut, Lusco e Fusco, as letras de todos os temas son adapatacións de obras de poetas galegos (María do Cebreiro, Lois Pereiro, Daniel Salgado, Ricardo Carvalho Calero, Elvira Riveiro, Pilar Pallarés e Minus Bálido Rodriguez), incluindo ademáis coma bonus track "Berlín", o spoken word de María Lado musicado polo grupo, asi coma dúas remesturas a cargo de Projecto Mourente.

O disco estará disponíbel tanto en tendas coma en www.aregueifa.net a partir do día 29 de outubro.

Outubro 01, 2007

Nova obra en www.aregueifa.net



A sección de Outras Artes do Netlabel acolle máis unha fusión entre disciplinas, neste caso a literatura e a fotografía, da man de BESBE co seu primeiro libro, 28.

28 é a cousa máis bonita que che pode acontecer e, cando che pasa, tes que vivila. Todo o mundo se namora, todos nos vimos en situacións de quéreme-non me quere e cada un ten a súa propia historia que contar ou calar sobre esas vivencias. Díxome un amigo que non é bo botar o corazón ao aire, que se está onde está é por algo. Pensando niso, teño que dicir que parte do meu corazón está agachadiño entre as palabras, esas que faltan tantas veces, que compoñen 28, unha película que, fotograma a fotograma, vai dando vida para despois lembrar que todo neste mundo é fuxidío, mesmo os sentementos.

Sexa como sexa, amar é regalar e, anque os sentementos muden, sempre quererás agasallarte a aquelas persoas que tanto che deron no seu día, coas que foches tan feliz e das que non che importa esquecer aniversarios porque non sería xusto lembrarte delas só un día.

Sen máis, agardo que rematedes a lectura cun sorriso, coa sensación dunha aperta cálida e, quen sabe, con morriña no voso interior.

The Homens - Calamar

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados