
Xa está disponíbel no netlabel A Regueifa o segundo traballo de ATAQUE ESCAMPE, Galicia es una mierda, trece novos temas nos que "pretenden acoller en 47 minutos de musica dispersa e aridez sonora todas as contradicións existentes na Galiza, no mundo e na historia da música. De Manuel Antonio aos Tonechos, de John Wayne a Lenin, e de Neil Young aos Panchos". O agora sexteto continua neste novo disco a explorar o seu xa característico son acústico, moi enriquecido ao medrar exponencialmente a paleta de instrumentos, e cultivando as letras del altura coas que soprenderon no seu debut.
Ademais da versión en mp3 que xa se pode descargar de balde en www.aregueifa.net tamén sairá unha edición física a traves do novo selo A Regueifa Discos, na que será a súa segunda referencia tras Fanny+Alexander, un catálogo que se verá ampliado ao longo de 2008 cos novos discos de Projecto Mourente, Noise Project e Colectivo Oruga. Galicia es una mierda chegará ás tendas o 24 de Marzo. http://ataqueescampe.blogspot.com/Marcadores: a regueifa plataforma, musica galiza |