
Proxecto Identidade é un libro surxido da colaboración de 54 persoas que integran, dun xeito ou outro, a rede galega de blogues: o chamado blogomillo. Neste libro feito a base de relatos, poemas, fotografías e ilustracións atópase o concepto de Identidade enfocado de distintas maneiras: a identidade como pobo, como seres sociais, a identidade como marca diferencial, o influxo desta arañeira que é internet, a música coa que se liberan os nosos "eus", cada un de nós atopándonos no espello ou nos recordos da infancia, a sexualidade vivida dun xeito que nos fai especiais, a enfermidade e a morte que nos distorsionan...iso, e máis, está presente en Proxecto Identidade.
Autores: J., X, dorfun, Cesare, neno congoxa, a Doutora Seymour, Rosa Enríquez, Torreira, lourixe, Alberte Couto, Marcos Valcárcel, arume dos piñeiros, aultre narai, oko, zerovacas, el duende, Spav, as lauridinhas, Anxo López, Xurxo Sierra Veloso, Débora Campos, An, Marcos S. Calveiro, Tedhead, Ramón Trigo, zimmer103, Beluka, Iago Urgorri, Wicho, ifrit, emereci, ictioscopio, ghanito, Jan, acedre, O´Fartura, Calidonia, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto, W. Sobchak, Gustavo Harvey, Mario Regueira, o pastor eléctrico, o moucho branco, Gustavo Sequeiro, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas, Tati Mancebo, arrais, elianinha, Parzival e opaco. Máis info e descarga do libro en pdf en www.aregueifa.netMarcadores: a regueifa plataforma |