ATAQUE ESCAMPE - Galicia es una fiesta (2008)

ATAQUE ESCAMPE reinventan o seu son nun novo EP, Galicia es una fiesta, pasando cinco temas do seu último disco pola peneira electrónica do Dr. Painkiller AKA Marcos Payno (Galegoz, Glamour Grotesque, Xenreira...).
Máis info e descaraga de balde do disco en www.aregueifa.net
PES QUE VOAN
Coñecemos o asasino en serie no máis inseguro dos lugares, entre trompetas celestes e respiracións nocturnas. Descubrimos alí que a merda tamén pode ser resplandecente coma xilófonos de cores e que o ritmo non se leva no sangue, senón nun maletín secreto e metalizado. Daquela demos en nos mergullar no sonoro do profundo, no reino onde impera esa bola que todo o mundo invoca (alí onde os ollos non repousan nunca). Agora gastamos a pista do asfalto e da humidade co dinamismo que nos roubara a adolescencia, seguimos perdendo mais coa convicción de irmos gañando. A pólvora fica mollada coa suor das palabras.

Mais the show must go on!! Galiza remixada con scrachtes. Let’s move our asses!! Enchoupados na miseria da vida, para así, por fin e dunha vez por todas, sermos quen de voar co pés. It’s the party shit! In the party, ti. Cada día máis linda e máis flow. 6 por 8 cantos latexos son?

A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a 

Postar um comentário