Fevereiro 27, 2008

ATAQUE ESCAMPE - Galicia es una mierda (2008)



Xa está disponíbel no netlabel A Regueifa o segundo traballo de ATAQUE ESCAMPE, Galicia es una mierda, trece novos temas nos que "pretenden acoller en 47 minutos de musica dispersa e aridez sonora todas as contradicións existentes na Galiza, no mundo e na historia da música. De Manuel Antonio aos Tonechos, de John Wayne a Lenin, e de Neil Young aos Panchos". O agora sexteto continua neste novo disco a explorar o seu xa característico son acústico, moi enriquecido ao medrar exponencialmente a paleta de instrumentos, e cultivando as letras del altura coas que soprenderon no seu debut.

Ademais da versión en mp3 que xa se pode descargar de balde en www.aregueifa.net tamén sairá unha edición física a traves do novo selo A Regueifa Discos, na que será a súa segunda referencia tras Fanny+Alexander, un catálogo que se verá ampliado ao longo de 2008 cos novos discos de Projecto Mourente, Noise Project e Colectivo Oruga. Galicia es una mierda chegará ás tendas o 24 de Marzo.

http://ataqueescampe.blogspot.com/

Fevereiro 25, 2008

Vale Tudo - Vale Tudo (2008)



Os lucenses VALE TUDO estrean no netlabel a súa arriscada proposta en forma de seis temas en clave de post-rock acústico. Coma sempre, o disco pódese descargar de balde en www.aregueifa.net

Vale tudo son unha formación creada na Coruña no verán do 2004 por membros da banda Triquinoise. As súas músicas son unha sorte de compendio de estados de ánimo, nada cerebral, sempre guiadas por puro pulos musicais. Así, dentro das súas limitacións, o seu estilo é moi variado, con influenzas que van de Jim White a Howe Gelb, pasando por Jr., Rainter Ptacek, Tortoise e Chris Brokaw.

Rafael Mallo: batería e percusións
Óscar Vilariño: guitarras e voz

Fevereiro 07, 2008

Novos EPs de Quant e Capitán Furilo



Que o Pop Galego goza de boa saúde xa non colle a ninguén por sorpresa. Boa mostra son os dous traballos que veñen de editar os ferroláns QUANT -The Shagadelic Freakiest SessionS- e os ponteareáns CAPITAN FURILO -Pop?-. Coma sempre poden ser descargadas de balde no netabel www.aregueifa.net e quen se quera facer con un exemplar das autoedicións limitadas só ten que escreber aos grupos.

http://quantweb.blogspot.com/

http://www.myspace.com/capitanfurilo

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados