Abril 17, 2008

Fanny + Alexander na Rock de Lux


FANNY+ALEXANDER
Finais dos 70s, comezos dos 80s
A Regueifa Discos

POP GALLEGO
Noel Feáns y Efi Arias son Fanny + Alexander y hacen música como acto de creación artística, pero también como una forma de normalizar el gallego como idioma para el pop. Mientras en Cataluña, Pais Vasco y Asturias las lenguas propias son una opción valorada para componer dentro de los grupos de querencia indie, en Galicia todavía es visto como algo incompatible por demasiada gente. Para echar por tierra prejuicios, este dúo de Santiago versiona a The Smiths y utiliza como punto de partida para sus canciones los versos de varias generaciones de poetas gallegos. Aunque tienden a olvidar que el pop es un ejercicio de concisión y claridad, con este segundo disco vuelven a aportar buenas ideas. En "Postpunkdeirada" refuerzan la caja de ritmos y las guitarras con gaitas y panderetas, retomando los puentes con la música tradicional que trazaron Os Resentidos. Y "Berlin" es un bonito epílogo, donde ponen música a un recitado de María Lado con el que demuestran que tienen muy buen gusto para los temas de aire cinematográfico.

Carlos Barreiro
Podedes premer na imaxe para ver o orixinal a alta resolución:

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Abril 16, 2008

Novedades Carminha - Grandes Exitos (2008)



Horteras pero elegantes. Novedades Carminha son Jarri, Carlangas e Xavi, que con só 20 anos de idade son fillos prodixio do situacionismo e o posdadaísmo agresivo. O culto á frescura, á enerxía á actualidade e ao viño fan de Novedades Carminha un dos grupos máis divertidos e orixinais do panorama musical galego. Combinan o humor dos primeiros Siniestro Total cunha posta en escea atractiva e bailona, que lembra a Los Coyotes de Victor Abundancia, pasado todo isto por unha clara influencia musical do primeiro punk do 77. Son o único grupo que recoñece abertamente que tocan para ligar, e ligan para comer.

Máis info e descarga do disco en www.aregueifa.net

Samuel L. Paris - Manual da destrución (2008)



Samuel L. Paris estréase con MANUAL DA DESTRUCION, un poemario iconoclasta e xeracional que ha deixar pegada na anquilosada poesía contemporánea galega.

Máis info e descarga do libro en pdf en www.aregueifa.net

VV. AA. - Proxecto Identidade (2008)



Proxecto Identidade é un libro surxido da colaboración de 54 persoas que integran, dun xeito ou outro, a rede galega de blogues: o chamado blogomillo.

Neste libro feito a base de relatos, poemas, fotografías e ilustracións atópase o concepto de Identidade enfocado de distintas maneiras: a identidade como pobo, como seres sociais, a identidade como marca diferencial, o influxo desta arañeira que é internet, a música coa que se liberan os nosos "eus", cada un de nós atopándonos no espello ou nos recordos da infancia, a sexualidade vivida dun xeito que nos fai especiais, a enfermidade e a morte que nos distorsionan...iso, e máis, está presente en Proxecto Identidade.

Autores: J., X, dorfun, Cesare, neno congoxa, a Doutora Seymour, Rosa Enríquez, Torreira, lourixe, Alberte Couto, Marcos Valcárcel, arume dos piñeiros, aultre narai, oko, zerovacas, el duende, Spav, as lauridinhas, Anxo López, Xurxo Sierra Veloso, Débora Campos, An, Marcos S. Calveiro, Tedhead, Ramón Trigo, zimmer103, Beluka, Iago Urgorri, Wicho, ifrit, emereci, ictioscopio, ghanito, Jan, acedre, O´Fartura, Calidonia, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto, W. Sobchak, Gustavo Harvey, Mario Regueira, o pastor eléctrico, o moucho branco, Gustavo Sequeiro, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas, Tati Mancebo, arrais, elianinha, Parzival e opaco.

Máis info e descarga do libro en pdf en www.aregueifa.net

Abril 01, 2008

J.J.G. Rodicio - Triloxia das miniaturas



J.J.G. Rodicio estrea en A Regueifa Plataforma a súa Triloxía das miniaturas, unha obra de teatro moi especial, por incompleta, que aspira a ser rematada coas aportacións dos seus leitores a traves do seu propio blog: http://www.blogoteca.com/3miniaturas/

A presentación desta obra, segundo a autora do texto, irá evolucionando coas aportacións xurdidas das lecturas do texto. Polo de agora é un texto. Máis nada. Pero é un texto dunha obra de teatro. E tamén precisaría unha imaxe gráfica para quen abra a 1ª páxina. E tamén unha música... e... O que non quere ser é un monólogo unidireccional

A OBRA

A creación do texto tén moito que ver e agradecer aos obradoiros que na Aula de Teatro Universitaria de Ourense fixeran Ánxeles Cuña e Begoña Muñoz (Sarabela Teatro) sobre escrita e dramaturxa a finais do século pasado.

A obra é unha proposta sen pretensións pero con toda a intención, para un teatro en galego, en Galicia, para tódolos públicos que nesta década van e veñen polos Teatros galegos. Que son poucos, pero por que non podían ser máis?

O obra é unha proposta para compañías pequenas, medianas ou afeccionadas. Que son moitas.

A obra está aberta, a pesar de ter algo de ferralla de acotacións. Así de rústica e pouco sofisticada preséntase, como aberta ás lecturas e propostas.

Precisaría para estar mellor presentada....Unha capa...? Si, claro. Unhas músicas ....? sí, claro. Unhas actrices e actores concretos...? Si, claro... ¿vedes a alguén? Unha revisión de este o aquel asunto... Por suposto...!

Pero en vez de tirar en solitario, desconectando da xente, re-personalizando, esta personiña seica apetece de escoitar antes de voltar a escribir. Ou simplemente xustificar, explicar, alumear a obra. Para dala ao lume, ou para iluminala.

¿Alguén recolle a pelota? Que alguén diga "Si, claro que si"

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados