Setembro 30, 2008

A cultura despois da pirateria


Reproducimos un interesantísimo reportaxe aparecido a semana pasada no xornal ADN sobre o que está a contecer na escena brasileira, claro indicio de cara onde vai o "mercado" da música a nivel mundial. Que vaian tomando nota os amantes do all-rights-reserved.

"Brasil é un país que case quedou sen industria do disco. A primeira multinacional do sector, Sony BMG, editou o ano pasado só 13 títulos de autores brasileiros, nun mercado de máis de 180 millóns de habitantes. Pero o negocio da música brasileira en Brasil goza dun excelente estado de saúde; simplemente mudouse a outro lugar.

Servizos como Trama Virtual distribúen a produción de máis de 50.000 artistas que ofrecen a súa música de xeito gratuita e son remunerados por medio da publicidade. Ignorados polas compañías tradicionais, as xeracións máis recentes de músicos cariocas puideron crecer e atopar ao seu público grazas a este portal que conseguiu éxitos estratéxicos para o seu modelo como catapultar á élite da escena independente internacional a Cansei de Ser Sexy (CSS), un dos múltiples grupos que colgaron alí os seus temas.

Pero máis aló da Rede, nas rúas xorden estilos e escolas que renuncian desde o primeiro día a seguir as pautas tradicionais do negocio do disco. Sons electrónicos agresivos como o Baile Funk en Rio de Janeiro, popularizado no resto do mundo por artistas estranxeiros como Diplo ou M.I.A, e bandas locais como Bonde Do Role. Ou o seu último sucesor, o Tecnobrega.

No estado de Pará, ao norte de Brasil, o Tecnobrega -cuxos orixes explícanse no interesante documental gratuito Good Copy, Bad Copy- é tan popular que cada ano edítanse máis de catrocentos CDs e 100 DVDs desta clase de música. Pero ningún chega ás tendas de discos; os productores preferiron chegar a acordos coas redes de "manteiros" que venden copias ilegais dos grandes lanzamentos internacionais.

Os músicos cédenlles os seus discos gratuitamente e permiten que se quedan co prezo integro da venda. A cambio, os vendedores convértense na rede de promoción destes artistas, que logo recuperan con fartura o investimento actuando en grandes festas soundsystem nas que chegan a xuntarse ata 15.000 persoas.

Os fans dos artistas de Tecnobrega poden comprar directamente os discos aos seus grupos favoritos, pero só nos seus concertos e festas. Alí véndense edicións de luxo a maior prezo, moito máis vistosas e completas que as que fan circular os vendedores callejeros. Son dous mercados distintos, que no canto de estorbarse se complementan, e que xeran xa unha economía millonaria á que as discográficas non teñen acceso.

¿Sáenlle as contas aos músicos? Polo menos a Banda Calypso si. O grupo máis popular de Brasil nestes momentos enche estadios mentres rexeita sistematicamente as ofertas das multinacionais, convencidos de que este modelo resúltalles máis rendible."

Setembro 26, 2008

Fanny + Alexander estrean web


Fanny + Alexander estrean www.fannyalexander.net, web oficial do grupo en formato blog. As razóns, estas:
"Que si, que asumimos o noso erro, nunca debidemos ter abandonado este blog. Aínda que un grupo teña presenza na web do seu selo, en Myspace, Last.fm e Facebook, un blog é o máis parecido a falar cara a cara cos que escoitan, descargan, ignoran, mercan, critican, sinten, maldicen, aman, recomendan e aborrecen a música que fas. Mil desculpas pola ausencia. Xa estamos de volta e, en plena gravación do novo disco, temos moito que contar."

Setembro 22, 2008

Camisola de Ataque Escampe



Xa está á venda através de A Regueifa Tenda a nova camisola de Ataque Escampe ao prezo de 8 euros máis gastos de envío. Se ademais pedides o seu último disco vai de regalo unha chapa e sae todo por só 15 euros:

PROMOCIONS:
2 CDs (de calquera dos grupos) = 15 €
3 CDs (de calquera dos grupos) = 21 €
1 CD Fanny+Alexander + camisola Merda de DJ = 15 €
1 CD Ataque Escampe + camisola AE + chapa AE = 15 €

Setembro 15, 2008

ZORA GABBARA - Songs for Jubal (2008)



Dende Ribadeo chegan ZORA GABBARA con SONGS FOR JUBAL, un primeiro EP no que Héctor Peña e Miguel Anxo Fernández deixan constancia do seu amor polo rock e o folk acústico de raigame americana na liña de xente coma Mark Lanegan, Will Oldham, Micah P. Hinson, Lambchop ou Elvis Perkins.

Coma sempre o disco está editado baixo licenza Copyleft e pode ser descargado de balde en www.aregueifa.net.

Setembro 10, 2008

HANOM AUSSE - Metembistte (2008)



Tras dous EPs editados en 2006 o catoirense HANOM AUSSE estrea o seu primeiro disco longo, de novo no netlbael A Regueifa Plataforma. Nove novos temas agrupados baixo o título de METEMBISTTE nos que continua a súa arriscada viaxe por ese universo sonoro coñecido coma post-rock, baixo a influenza de bandas coma Hood, Piano Magic e Low.

Coma sempre, o disco está editado baixo licenza Copyleft e pode ser descargado de balde en www.aregueifa.net

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados