Dezembro 29, 2008

A Regueifa fora de combate (temporalmente)



Nos últimos días o sitio www.aregueifa.net recebeu unha serie de ataques por parte dalgunha fonte de malware cun script que provoca que ao entrar sexas redireccionado á típica web rusa de phising. Non sabemos canto tardaremos en limpar a web do código malicioso, se días ou semanas, nen tan sequera se teremos que abandonar Joomla (o CMS co que estaba feita a web) por outro sistema xa que isto amosa que Joomla non é en absoluto seguro. Sexa como sexa contamos con arranxar a web nos vindeiros días e, se é preciso, mesmo reconstruila dende cero. Manterémovos informados...

Dezembro 22, 2008

ATAQUE ESCAMPE - Galicia es una fiesta (2008)


ATAQUE ESCAMPE
reinventan o seu son nun novo EP, Galicia es una fiesta, pasando cinco temas do seu último disco pola peneira electrónica do Dr. Painkiller AKA Marcos Payno (Galegoz, Glamour Grotesque, Xenreira...).

Máis info e descaraga de balde do disco en www.aregueifa.net

PES QUE VOAN
Coñecemos o asasino en serie no máis inseguro dos lugares, entre trompetas celestes e respiracións nocturnas. Descubrimos alí que a merda tamén pode ser resplandecente coma xilófonos de cores e que o ritmo non se leva no sangue, senón nun maletín secreto e metalizado. Daquela demos en nos mergullar no sonoro do profundo, no reino onde impera esa bola que todo o mundo invoca (alí onde os ollos non repousan nunca). Agora gastamos a pista do asfalto e da humidade co dinamismo que nos roubara a adolescencia, seguimos perdendo mais coa convicción de irmos gañando. A pólvora fica mollada coa suor das palabras.
Mais the show must go on!! Galiza remixada con scrachtes. Let’s move our asses!! Enchoupados na miseria da vida, para así, por fin e dunha vez por todas, sermos quen de voar co pés. It’s the party shit! In the party, ti. Cada día máis linda e máis flow. 6 por 8 cantos latexos son?

Dezembro 16, 2008

ALO DJANGO - Alo Django (2008)



Os composteláns ALO DJANGO queren recuperar coa súa primeira gravación o espirito de Django Reinhardt e Stephan Grappelli, devolvendo ao jazz o espirito máis festeiro dos tempos do swing, ligado necesariamente ao canto e á danza.

Coma sempre, máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net

"Swing e claqué ao máis puro estilo Django Reinhardt nun concerto divertido, elegante e desenfadado onde se bromea co público ao máis puro estilo cabaré. Este grupo de músicos, partindo musicalmente do jazz e do swing acústico, especialmente do gypsy swing (cuxo máximo representante é Django Reinhardt), ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico apto para tocar tanto en sala como na rúa; un concerto para un público de todas as idades. Ademais Aló Django pretende ser un obradoiro musical de músicos, cómicos, clowns e bailaríns para o cal en moitas ocasións invitamos a outros artistas destas disciplinas a participar con nós nos concertos para ofrecer un show completo e divertido máis alá do estritamente musical, enfiando así con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall."

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados