Janeiro 13, 2009

PROJECTO ['TREPIA] - Projecto ['trepia] (2009)


PROJECTO ['TREPIA], primeiros clasificados no certame GZcrea 2008 en música e segundos en videocreación, veñen de editar o seu primeiro traballo no netlabel A Regueifa. Os do Morrazo son un colectivo multidisciplinar artellado arredor do que eles denominan "os tres pés" -o son, a imaxe e a danza- combinando no musical a música tradicional galega -froito en grande parte de recolleitas de campo propias- cos novos sons que proporciona a electrónica cunha atitude decididamente vangardista, levando ao século XXI cantos tradicionais, pandeiretas, pandeiros, sachos, caixas de pementón e zanfoñas ao mesturalos con unha base rítmica de batería electrónica, samples e baixo eléctrico.

Coma sempre, máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net

1 Comentário:

Anxo disse...

Vinos onte en directo e son xenias, pasado, presente e futuro mesturados con unha xenialidade excepcional

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados