Março 30, 2009

Carlos Fontes - Contradanza (2009)


O xornalista e escritor Carlos Fontes publica no netlabel o poemario Contradanza, "unha reflexión sobre a Revolución Cubana co gallo do cincuenta aniversario do seu triúnfo. É un tributo de admiración a tan teimoso desexo de rebeldía. Este poemario breve, escrito a finais de 2008, utiliza a música popular cubana como fío condutor, e remata en descarga, como remataría, despois dunha longa e proveitosa velada, calquera festa bailada no caimán antillano."

Xa se pode descargar de balde en formato pdf en www.aregueifa.net

Março 11, 2009

MAGRITTE - Viaxe á lúa (2009)


Viaxe á lúa é o primeiro EP de MAGRITTE, unha banda nucleada pola actriz Nate Borrajo ( Sarabela Teatro, La Imagina Machina...) e o músico José Lameiras (El Pararrayos, Los Cambiantes...). Seis cancións de esencia popeira e guitarreira que xa se poden descargar de balde en www.aregueifa.net

Março 09, 2009

QUANT - New Adventures in Full Colour (2009)



Por fin se decidiron. Tras varios EPs os ferroláns QUANT lanzan o seu primero longa duración, agrupando temas xa coñecidos regravados e remastrerizados con temas novos. En total catorce temas cantados en inglés, francés, galego e castelán nos que deixan ben claro o seu talento á hora de facturar xoias pop de inspiración sixties. O disco tamén sae á venda comercialmente en formato físico baixo licenza Copyleft pero tamén se pode descargar de balde en www.aregueifa.net

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados