Abril 29, 2009

MACHINA - Post-Bravu (2009)

Abril 27, 2009

KASTOMA - Almas da noite (2009)



Tras dúas demos os de Ordes editan o seu primeiro disco longo, Almas da noite, tanto en formato físico -autoeditado comercialmente e distribuido por Lonxa Cultural- coma en mp3 baixo licenza Copyleft no netlabel wwwa.regueifa.net

Abril 23, 2009

LEITE DE NAI - Leite non sobra (2009)


Leite de Nai é un grupo de rock que surxe en Ourense a finais de 2005, das cinsas dos Singuer Mornins, grupo onde os tres membros iniciais se adicaban a esmagullar cancións de rock tradicionais. Trala separación, os tres compoñentes de Leite de Nai, Óscar (baixo e voz), Martín (guitarra) e Jose Antonio “bush” (percusión), lánzanse á difícil tarefa de compoñer temas propios nunha onda máis funki, pero con altas doses de rock-dígase-alternativo, e cantando no idioma mamado: galego. Agora, tras dúas maquetas e coa incorporación na guitarra de Jose Antonio "Champi", editan o seu primeiro disco longo baixo licenza Copyleft, Leite non sobra, que xa pode ser descargado de balde en www.aregueifa.net.





Abril 20, 2009

XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009)



Un dos nosos zanfonistas máis arriscados, o galego afincado en terrás catalás Xurxo Romaní, está de volta co seu xa terceiro traballo. Na compaña do guitarrista-baixista catalano-xaponés Koichi Tanehashi e co apoio no audiovisual do arxentino Osvaldo Ponce, mestura rock, pop, funk, electrónica e folk cunha atitude decididamente progresiva nun disco no que pon música -e por vez primeira a súa propia voz- a dez cantigas de escarnio e maldizer coa intención de levar a nosa máis satírica tradición trobadora medieval aos sons do Século XXI.

Coma sempre, máis info e descarga do disco en www.aregueifa.net

Abril 16, 2009

GALEGOZ - Viñeron da Galiza Interior (2009)



GalegoZ quixeron que a saida do seu novo -xa terceiro- disco fose simultánea ao comezo oficial do Feixismo coa investidura do novo presidente da Xunta, toda unha declaración de principios festeirocombativos. Coma sempre, podedes descargar o disco de balde en www.aregueifa.net

"Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bon humor... E, por suposto, sen esquecerse da festa."

Abril 08, 2009

VALE TUDO - Gris (2009)



VALE TUDO editan o seu segundo EP baixo o título de Gris, cinco novos temas nos que continuan a explorar inéditas vías musicais no seu xa característico minimalismo de bateria, guitarra e voz. Pódese mercar en formato físico -e artesanal- pedíndollo ao propio grupo pero tamén está xa disponíbel para descargar de balde en www.aregueifa.net


A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados