Outubro 16, 2009

Cudevaso - Tryin' to Fuck You (2009)



"CUDEVASO fórmase a principios de 2008 como vía de escape a outros proxectos paralelos dos seus integrantes. A primeira aparición pública fana na 2ª edición do Stroszek Ballroom, festival itinerante e subterráneo que se realiza principalmente en pisos particulares, que nesa ocasión estaba emprazado na planta 19 dun edificio en Riazor. Acompánhano nesta tolería os grupos de punk e rock & roll CREATIVOS CERO e MEGALOVES e esta data convírtese no punto de partida dun proxecto de disco que se comeza a forxar entre os seus integrantes: W (Telephones Rouges, JIJIJI), 18% (Telephones Rouges) e Fbas.

Logo de deixar aparcado o grupo por distintos motivos, a mediados de decembro de 2008, decídense a gravar o seu primeiro EP que se chamará como unha das súas cancións máis conhecidas: "Tryin' to fuck you!" e será editado físicamente en outubro do 2009 polo selo madrileño Fater Disks (http://www.myspace.com/faterdisks) e nos Estados Unidos polo selo Neon Aztec (http://www.myspace.com/neonaztec). A gravación comeza en xaneiro do 2009 no estudo caseiro de W e remata en maio do mesmo ano con problemas entre os integrantes, pero con 10 temas gravados e un videoclip encargado a Rubén Domínguez."

Coma sempre, mais info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net



Outubro 08, 2009

Room 101, estrea de C.W. Smith

Trás a pausa estival voltamos coa primeira referencia desta segunda metade de 2009, Room 101, o primeiro traballo de C.W. Smith. Coma sempre, mais info e descarga do disco en www.aregueifa.net.

''Despois de dez anos vivindo na rua que vertebrou os Small Faces, East London marca a confluencia forzada e ingrata do multiculturalismo real. Filth. Dystopia.
C.W.Smith e o soño expansivo dun outsider no mundo Orwelliano da videocreacion policial interurbana, do escravismo asalariado, e dos procesos de construción e deconstrución da opinión pública. C.W.Smith grava na precaria intimidade da súa Telescreen caseira, responsabilizándose das guitarras, baixo, banjo, sintetizadores VST, Roland MC-303, e puzzles percusivos de corta e pega. Room 101 é un esforzo levado a cabo durante o mes de marzo do 2009, nun apartamento en Romford road, East London. Material coma A Verdade do numero 6, Truffle dogs, os Repelentes ninhos Vicente, Trintaecinco e Le Big Cinema foi improvisado sobre a marcha no proceso de produción. Temáticas de enxeñería social, marketing, guerra, rexeitamento, lírica algorítmica e economía aplicada. Con protesta en inglés, escarnio en castelán e poesía en galego. E viceversa.
Até que a policia do pensamento nos atope e nos reconfiguren no ministerio do amor. Room 101.''

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados