Abril 16, 2010

VV. AA. - Pressing Catch (2010)


Este CD naceu no marco do proxecto Pressing Catch, de Berrobambán. Moito máis ca un espectáculo teatral, o ring de Pressing Catch abrangue diversas can-les de acción: a publicación do texto en Edicións Positivas, as posibilidades de interacción a través da web ou esta iniciativa musical, que botou a andar en outubro do 2009, dirixida a grupos emerxentes que compuxesen as súas cancións en galego. Ao longo de tres meses, varios grupos galegos enviaron os seus temas, inspirados polo espírito do proxecto, a un certame para o que Berrobambán contou co apoio da plataforma Komunikando. Foron un total de 24 as cancións presentadas a concurso, das que o xurado escolleu estas doce. Agora tes o resultado. Preparad@ para entrar no cuadrilátero?

Máis info e descarga do disco en www.aregueifa.net

ECLECTICA ENSEMBLE - Electronic Galician Grooves (2010)


"Non foi unha banda, nin o é, nin o será. Pero detrás de Ecléctica Ensemble hai un grupo de músicos dispostos á irreverencia, ao atrevemento, á provocación, á supremacia estética, á maquillaxe, á sátira… a encher a música tradicional de ironía e a darlle voltas até fartar."

Maís info e descarga o disco no netlabel www.aregueifa.net

A Regueifa Blog (CC) 2009

Alguns dereitos reservados