Por obra e graza de Ultra-Marinho. E coma non só de videomachucos vive o dobarrista aproveitamos que hoxe ten lugar no teatro Jofre de Ferrol a grande gala de homenaxe a ADB para resubir -por cortesía de Sono-Tone que levaban un tempiño caídos- todos os machucos AKA mash-ups manufacturados por Vincent Jalo e Ultra_Marinho e que soaron no Extrarradio da Radio Galega ao longo do ano 2006. Que non ten moito que ver? Vai ser que si porque entre eles estaban un par elaborados a base de temas de Do Barro, Pois eu e O Tren. E xa postos a subir incluimos dous machucos dobarristas máis -un contra Beck e outro contra Ghamberros- a modo de bonus tracks. Aqui están os 26 machucos en mp3:
O venres en Luar o grande Amancio Prada interpretou o machuco que fixera o ano pasado o tal Vincent Jalo co seu "Adios rios, Adios fontes" e o "Funky Cold Medina" de Tone-loc. Por certo que o DJ que o acompañou non era oVincent Jaloauténtico -que non puido ir- como xa vos daríades conta os que o coñecedes en persoa.
Aproveitamos a pausa de verán para compilar os 25 machucos que se emititon no Extrarradio da Radio Galega até o de agora: 19 criaturas bastardas do tal Vincent Jalo e 6 fillos espúreos do tal Ultra_Marinho. Unha familia numerosa que de seguro seguirá a medrar no esbourante Outono que se aviciña.
O domingo pasado o tal Vincent Jalo, ese animaliño, puido pór a súa maquinaria remesturadora a repousar xa que o ouvinte máis creativo do Extrarradio, Ultra_Marinho, voltou á carga, transformando ao Markinhos Drinkin no quinto pemento de Padrón. Aqui tedes este Markinhos Drinkin "O iogur de fresa" vs Red Hot Chilli Peppers "Dani California".
No Extrarradio do domingo pasado o tal Vincent Jalo, ese animaliño, decidiu actualizar o son dese hino friqui que é Galicia será Nación mesturándoo musical e conceptualmente con algo máis moderno, o Seven Nation Army dos White Stripes. O resultado, o sorprendente mash-up Galician Nation Army. Aqui o tedes: Edilberto Alonso "Galicia será Nación" vs. The White Stripes "Seven Nation Army".
No Extrarradio do domingo pasado o tal Vincent Jalo, ese animaliño, puxo o novo -e xa vai polo cuarto- mash-up de ultra_marinho, o ouvinte máis creativo do programa. E por primeira vez un dos grupos machucados o colgou na súa propia web.
E coma todos os xoves traémosvos o mash-up co que o tal Vincent Jalo, ese animaliño, ofende a aldraxa domingo a domingo aos ouvintes do Extrarradio na Radio Galega. Neste caso as vítimas foron os fans de U2 e Los Suaves. Mil desculpas. Aqui tedes este U2 "With or Without You" vs Los Suaves "Dolores se llamaba Lola".
Vaia tropa. Xa molaba ir de festa con Siniestro Total e Primal Scream. E o responsábel desta unión tan destroyer foi, unha vez máis, o amigo Ultra_Marinho, quen o domingo pasado incluso tivo a amabilidade de comentar en antena a súa critaura bastarda co Vincent Jalo e cia. Aqui tedes o seu Siniestro Total "Miña Terra Galega" vs Primal Scream "Jail Bird". E atentos ao nexo contextual no retrouso, con esa declaración de amor recírproco a GZ: I'm yours, You're mine...miña terra galega. Simplemente xenial.
Un par de apontamentos. Non vos perder o Extrarradio do sábado que se vai retransmitir ao vivo dende Ourense, xirando todo o programa aorredor da escea cultural da bisbarra auriense, nen o do domingo, no que o tal Vincent Jalo, ese animaliño, pinchará, entre outras cousas, o segundo machuco de Ultra_Marinho, Siniestro Total "Miña terra galega" vs Primal Scream "Jail Bird", que de seguro gostará tanto coma o primeiro.
Por outra banda, e como todas as semanas, xa está na súa web o podcast de e-music, onde Sak e os seus compinches electrónicos danlle un repaso á nova escea galega de pop de silicio (6PM, Fanny + Alexander, Misquious, Projecto Mourente...), dando a coñecer a lusa (Donna Regina, na foto) e combinando todo con pérolas coma Cocorosie e Björk.
No Extrarradio do domingo pasado o tal Vincent Jalo, ese animaliño, ousou facer unha viaxe interxeracional e transatlántica cun machuco-a-trois: por unha parte os xa clásicos Uah! de Suso Vaamonde e Vivir na Coruña de Diplomáticos de Monte Alto, baseadas as dúas na mesma cantiga popular; e o por outra o aínda recente Crazy in Love de Beyoncé. O resultado podedelo escoitar aqui.
O domingo pasado o tal Vincent Jalo, ese animaliño, deu paso ao traballo das novas xeracións de remesturadores galegos, nesta caso un ouvinte do Extrarradio que asina os seus machucos baixo o alcume de Ultra_Marinho. Podedes escoitar o seu xenial Massive Attack "Teardrop" vs Luz Casal "Negra sombra" premendo aqui.
E por suposto que se alguén se anima a parir algunha criatura bastarda manipulando tempos e tons que non dubide en escreber.
Trás unha pausa vacacional, o tal Vincent Jalo, ese animaliño, voltou facer das súas no Extrarradio do domingo pasado poñendo a cantar á diva de idade indefinida ao son do tema que lanzou a Xoel López -definitivamente- a ser o ídolo de indies aloucadas que é. Aqui tedes este Cher Believe vs Deluxe "Que no".
E non vos perder o podcast do último programa de e-music, adicado á maquiavélica arte do mash-up tamén coñecida como machuco.
A fin de semana pasada no Extrarradio da Radio Galega, o tal Vincent Jalo, ese animaliño, continuou afrontando os retos propostos por un ouvinte. Desta volta foi co máis dificil de todos, a xulgar polo heteroxéneo dos estilos a mesturar. Porén foi quen de engadir un séptimo membro do máis sinistro aos grovenses máis saudosos e facer soar as súas lenes voces ao ritmo do metal zone máis afiado. Podedes escoitar e descarregar este Marilyn Manson "Disposable teens" vs Nadadora "12:01 AM" premendoaqui.
E como cada xoves, traémosvos a criatura bastarda coa que o tal Vincent Jalo, ese animaliño, lesiona semana a semana os tímpanos dos ouvintes do Extrarradio na Radio Galega. Desta volta resposta, de novo, a un dos retos do más dificil todavía que lle plantexou un ouvinte por email. Podedes escoitar e descarregar este A Roda "Pousa, pousa" vs. Outkast "Hey Ya" premendo aqui
Grazas á xenerosidade de Sak de e-music, os machucos do tal Vincent Jalo, na foto posando coas súas máquinas de machucar e o seu barbudo alter ego transatlántico, teñen un fogar onde ficar e receber as atencións e agarimo que precisan. Todas as ligazóns dos posts da sección Machucos están xa actualizadas pero ainda así, como diz o bon de Nacho Vegas, es hora de recapitular, que nunca está de máis:
No Extrarradio do domingo pasado o tal Vincent Jalo, ese animaliño, puxo a rimar ao lider da banda máis innovadora da historia da música galega, Os Resentidos, ao ritmo da mais coñecida e enfermiza liña de baixo dos irmáns químicos: Chemical Brothers "Block Rockin' Beats" vs Os Resentidos "Manda carallo". Podedes escoitar e descarregar este bailábel mash-up premendo aqui.